BDNS (Identif.): 858070.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/858070
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán ser beneficiarias das axudas que se regulan nesta orde as seguintes entidades:
1. As organizacións profesionais agrarias.
2. As asociacións agrarias.
Segundo. Obxecto
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras para conceder axudas, en réxime de concorrencia polo sistema de rateo, para realizar actividades de interese agrario (código de procedemento MR321A), e convocalas para o exercicio orzamentario 2025.
Terceiro. Bases reguladoras
Estas axudas outorgaranse ao abeiro do disposto na Orde do 18 de setembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás organizacións profesionais agrarias e asociacións agrarias para a realización de actividades de interese agrario, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR321A).
Cuarto. Actividades subvencionables
Serán subvencionables os custos derivados das seguintes actividades realizadas entre o 1 de outubro de 2024 e o 30 de setembro de 2025:
a) Funcións e actuacións que lles son propias conforme a normativa legal.
b) Funcións ordinarias de xestión interna.
c) Representación perante as institucións.
d) Participación nos órganos colexiados constituídos pola Administración galega para a defensa dos intereses dos seus representados (mesas, comisións, etc.).
e) Formación dos asociados e dos seus familiares en actividades agrarias ou no sector agroalimentario.
f) Fomento do asociacionismo agrario.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2025
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
