DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Luns, 29 de setembro de 2025 Páx. 51300

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 24 de setembro de 2025 pola que se acorda a ampliación dos prazos para a presentación de solicitudes e dos períodos de embarque obxecto de subvención da Orde do 1 de agosto de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e se convocan para o ano 2025, en réxime de concorrencia non competitiva, axudas para fomentar a remuda xeracional no sector pesqueiro, financiadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (código de procedemento PE610C).

BDNS (Identif.): 851345.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/851345

Artigo único. Ampliación de prazos

1. Ampliar o prazo de presentación de solicitudes establecido no artigo 8 ata o día 17 de outubro de 2025.

2. Ampliar os períodos de embarque obxecto de subvención que deberán estar comprendidos entre o 1 de xaneiro de 2025 e o 17 de outubro de 2025.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2025

Marta Barreiro Castro
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar