DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Martes, 30 de setembro de 2025 Páx. 51503

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2025 pola que se notifican as resolucións da presidenta do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) relativas á asignación complementaria de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da reserva nacional da campaña 2024 e dos casos pendentes da campaña 2023 e a denegación das solicitudes de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade pendentes da campaña 2023.

Para os efectos de establecer en Galicia o procedemento da solicitude para a asignación de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade procedentes da reserva nacional da campaña 2024, no marco establecido polo Real decreto 1045/2022, do 27 de decembro, sobre dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da política agraria común, publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural do 27 de febreiro de 2024 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandería e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), con base no disposto nos artigos 20 a 29 do Real decreto 1045/2022, tramitou e informou sobre as solicitudes de acceso á reserva nacional, e deu traslado dos expedientes á persoa titular da Presidencia do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) para a súa resolución.

De acordo co disposto no artigo 28.1 de devandito Real decreto 1045/2022, a persoa titular da Presidencia do FEGA comunicoulle ao Fogga, para a súa notificación ás persoas solicitantes, a resolución sobre a asignación de solicitudes de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da reserva nacional.

Así mesmo, tras a análise das diferentes casuísticas na asignación de dereitos non resoltas ata a data, notifícanse as resolucións de asignación de dereitos da reserva nacional pendentes da campaña regulada na Orde da Consellería do Medio Rural do 15 de marzo de 2023 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao sistema integrado de xestión e control.

Conforme o anterior, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Facer pública e notificar na páxina web do Fogga (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/dereitos/dereitos-abrs-23-27) as resolucións da presidenta do FEGA relativas á asignación complementaria de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade da reserva nacional da campaña 2024 e os casos pendentes da campaña 2023 e a denegación das solicitudes de dereitos de axuda básica á renda para a sostibilidade pendentes da campaña 2023.

Segundo. Contra a resolución da persoa titular da Presidencia do FEGA as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada ante a persoa titular do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación no prazo dun mes, contado desde o día seguinte á publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2025

Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria