De conformidade co disposto no artigo 15.3 do Real decreto 1048/2022, do 27 de decembro, sobre a aplicación, a partir de 2023, das intervencións en forma de pagamentos directos e o establecemento de requisitos comúns no marco do Plan estratéxico da política agrícola común, e a regulación da solicitude única do sistema integrado de xestión e control, por non ter activados os ditos dereitos durante dous anos consecutivos, procede a retirada deles, pasando á Reserva Nacional.
Consonte co anterior, esta dirección
RESOLVE:
Primeiro. Facer pública a notificación na web do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) (https://fogga.xunta.gal/gl/pac/dereitos/dereitos-abrs-23-27) da resolución de retirada de dereitos de pagamento básico do ano 2024 pola non utilización dos mesmos en dúas campañas consecutivas.
Segundo. Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada, ante a presidenta do Fogga, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao desta publicación, consonte co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. O prazo de interposición concluirá o mesmo día desta publicación no mes de vencemento, de conformidade co artigo 30.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2025
Juan José Cerviño Varela
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria
