DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Mércores, 1 de outubro de 2025 Páx. 51997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 16 de setembro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Foral de Trigás, Larouce e Bagarelas, no concello do Carballiño.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 7 de xullo de 2025, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Foral de Trigás, Larouce e Bagarelas, no concello do Carballiño, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 10 de febreiro de 2024 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Alfonso Manuel Fernández Antúnez e outra persoa, no cal solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Foral de Trigás, Larouce e Bagarelas.

Segundo. Con data do 24 de xaneiro de 2025, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designa instrutor e realiza as comunicacións e publicacións ás cales fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para efectuar as alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a realización de alegacións non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Foral de Trigás, Larouce e Bagarelas.

Superficie: 102,59 ha.

Pertenza: veciños/as de Trigás, Larouce e Bagarelas.

Parroquia: Lobás (Santa Ouxea).

Concello: O Carballiño.

Descrición dos predios que constitúen o monte:

Predio único:

Parcelas obxecto de clasificación

Parcelas estremeiras

Referencia catastral

Lindeiros

Referencia catastral

32020A01500690

32020A01600590

32020A01600701

32020A01600725

32020A01600727

32020A01700013

32020A01700014

32020A01702523

32020A01702525

Norte

(T.M. do Carballiño)

32020A01600589

(T.M. de Piñor)

32062A09400295

32062A09400266

32062A09400267

32062A09400271

32062A09400272

32062A09400273

32062A09400282

32062A09400283

32062A09400284

32062A09400285

32062A09400286

32062A09409002

32062A09400069

32062A09400070

32062A09400071

32062A09400072

32062A09400073

32062A09400010

Leste

(T.M. de Piñor)

32062A09400010

(T.M. do Carballiño)

32020A01600274

32020A01600276

32020A01600278

32020A01600280

32020A01600281

32020A01600282

32020A01600284

32020A01600286

32020A01600288

32020A01600291

32020A01600292

32020A01600296

32020A01600298

32020A01600300

32020A01600306

32020A01600310

32020A01600311

32020A01609001

32020A01600359

32020A01600358

32020A01600357

32020A01600361

32020A01600604

32020A01600362

32020A01600381

32020A01600382

32020A01600413

32020A01600410

32020A01600607

32020A01600454

32020A01600606

32020A01600408

32020A01600571

32020A01600581

32020A01600580

32020A01600583

32020A01600587

32020A01600586

32020A01600585

32020A01600582

32020A01600574

32020A01600530

32020A01600700

32020A01600518

32020A01600514

32020A01600517

32020A01600519

32020A01600532

32020A01609002

32020A01709004

32020A01509001

Sur

32020A01509001

32020A01500689

Oeste

32020A01500689

32020A01509001

32020A01702524

32020A01709007

32020A01700035

32020A01609007

32020A01600726

32020A01600589

Os terreos incluídos neste predio constitúen un único couto redondo, segundo a definición que figura no artigo 8 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, ben que están atravesados polos camiños correspondentes ás parcelas coas referencias catastrais 32020A01509001, 32020A01609001, 32020A01609007, 32020A01709004 e 32020A01709007.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita Lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 223/2022, do 22 de decembro, que establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial por unanimidade dos seus membros,

RESOLVE:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Foral de Trigás, Larouce e Bagarelas, no concello do Carballiño, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 16 de setembro de 2025

José Antonio Armada Pérez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Ourense