DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 2 de outubro de 2025 Páx. 52058

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 30 de setembro de 2025 pola que se determinan os servizos mínimos durante a folga convocada polas organizacións sindicais Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM), Facultativos de Galicia Independentes (O´MEGA) e Sindicato Médico de Galicia (Simega), para o día 3 de outubro de 2025, e que afecta a todos os médicos e demais facultativos empregados no ámbito da atención primaria e da atención especializada das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

O artigo 28.2 da Constitución española recoñece como dereito fundamental o dereito á folga.

O exercicio deste dereito na Administración e nas empresas, entidades e institucións públicas ou privadas que presten servizos públicos ou de recoñecida e inaprazable necesidade, no ámbito e competencias da Comunidade Autónoma de Galicia, está condicionado ao mantemento dos servizos esenciais fixados no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se ditan normas para garantir a prestación dos servizos esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma (DOG núm. 116, do 20 de xuño), entre os que se atopa a sanidade.

O desempeño da prestación da asistencia sanitaria non pode verse afectado gravemente polo lexítimo exercicio do dereito de folga, xa que aquel é considerado e recoñecido prioritariamente en relación con este. Isto implica a necesidade de conxugar o dito exercicio cun axeitado establecemento dos servizos mínimos naquelas áreas e actividades que repercuten na xestión dos servizos sanitarios, para preservar, en último termo, o propio dereito á vida e á integridade física das persoas usuarias dos devanditos servizos.

O artigo 3 do citado decreto faculta os/as conselleiros/as competentes por razón dos servizos esenciais afectados para que, mediante orde e ante cada situación de folga, establezan o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, así como para a determinación do persoal preciso para a súa prestación.

A Confederación Española de Sindicatos Médicos (CESM), comunicou a convocatoria dunha folga que afectará a todo médico e facultativo do Sistema Nacional de Saúde, e que se desenvolverá o día 3 de outubro de 2025, comezando ás 00.00 horas e rematando ás 24.00 horas do citado día 3 de outubro. Por outra banda, nas empresas que conten con varios quendas de traballo, o comezo do paro xeral efectuarase na primeira quenda que se inicie o día 3 de outubro e a súa finalización terá lugar unha vez rematada a última quenda, aínda que se prolongue despois das 24.00 horas do día 3 de outubro de 2025.

Por outra banda, as organizacións sindicais Facultativos de Galicia Independentes (O´MEGA) e Sindicato Médico de Galicia (Simega) comunicaron a convocatoria dunha folga para o día 3 de outubro de 2025, que afectará a todos os médicos e demais facultativos empregados no ámbito da atención primaria e da atención especializada das institucións sanitarias do Servizo de Saúde de Galicia, incluíndo médicos internos residentes, profesorado vinculado e o resto do persoal médico e facultativo, calquera que sexa a modalidade de contratación, sexa persoal estatutario, funcionario ou laboral, e calquera que sexa a modalidade de xestión.

A folga levarase a cabo o día 3 de outubro de 2025 nunha xornada de 24 horas. A xornada refírese aquela en que se inicia o período laboral entre as 8.00 e as 24.00 horas do día 3 de outubro, aínda que a finalización do período laboral teña lugar con posterioridade a esa hora, e abrangue para cada traballador todo o tempo dese período.

Con base no que antecede e logo da audiencia aos comités de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1

A folga convocada entenderase condicionada ao mantemento dos servizos mínimos que se establecen nesta orde, circunscrita ao ámbito da asistencia sanitaria pública, no ámbito do Servizo Galego de Saúde, entidades adscritas e fundacións públicas sanitarias dependentes da Consellería de Sanidade.

Os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura do servizo esencial de asistencia sanitaria, para os efectos de evitar que se produzan graves prexuízos á cidadanía. E, ao propio tempo, responden á necesidade de compatibilizar o respecto ineludible do exercicio do dereito á folga coa atención á poboación, que, baixo ningún concepto pode quedar desasistida, dadas as características do servizo dispensado.

Por iso, mantéñense os servizos mínimos necesarios para garantir a asistencia imprescindible a doentes hospitalizados/as, así como a atención urxente e permanente e os servizos sanitarios que non poden aprazarse sen consecuencias negativas para a saúde.

No establecemento de servizos mínimos, estase a ter en conta a redución paulatina de xornada establecida na Orde da Consellería de Sanidade do 29 de xuño de 2023, pola que se publicou o Acordo do Consello da Xunta de Galicia en que se aprobaron melloras retributivas e de traballo do persoal das institucións sanitarias do Sergas, con base no Acordo asinado na Mesa Sectorial o 20 de abril, polos representantes da Administración e as organizacións sindicais CIG, CC.OO., CSIF, UGT e SATSE; así como na Instrución ditada en aplicación da dita orde para o ano 2025.

A execución do acordo de redución de xornada garantindo, á par, a adecuada atención á cidadanía implica incrementos de persoal en determinadas quendas e unidades. A apertura de novas consultas en certas especialidades como, por exemplo en oncoloxía e cardioloxía, así como a posta en funcionamento de novos servizos e o maior número de gardas pola crecente presión asistencial repercuten na fixación dos servizos mínimos e explican os aumentos puntuais que se inclúen na actual proposta, a cal segue o patrón daqueloutros servizos mínimos establecidos nunha recente folga xeral da mesma duración e de carácter similar.

De acordo coa motivación anterior, establécense os seguintes criterios reitores para o mantemento dos servizos esenciais nos centros de traballo e nas institucións afectadas:

I. Persoal da Fundación Pública Urxencias Sanitaria de Galicia-061: o persoal mínimo necesario para a cobertura do 100 % da atención urxente e permanente e as emerxencias xestionadas pola Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

O servizo que presta a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 ten como misión atender calquera demanda que sexa percibida pola poboación como de resolución urxente. Para iso, conta, entre outros profesionais, con persoal médico coordinador, médico asistencial base ambulancia, así como médico asistencial base helicóptero.

Unha minoración do persoal médico implica desatender parte das urxencias vitais en materia de saúde que acontecen no territorio galego, coas consecuencias directas sobre a mortalidade e a supervivencia na poboación.

Polas características do servizo dispensado, a poboación non pode quedar desasistida en circunstancias de urxencia e emerxencia. Ademais, son tarefas específicas e cualificadas que non poden ser suplidas por outro persoal e cómpre ter en conta que a carga de traballo, ao longo do día, depende do número de chamadas que non son programables.

II. Persoal da Axencia Galega De Sangue, Órganos e Tecidos: persoal mínimo necesario para a cobertura da subministración de sangue e hemoderivados, a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos.

No eido da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos, os servizos mínimos que se fixan resultan totalmente imprescindibles para manter a axeitada cobertura da subministración de sangue e hemoderivados a todos os centros sanitarios, tanto públicos como privados, do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, así como para evitar que se produzan prexuízos aos doadores e, consecuentemente, aos posibles receptores. Na mesma medida debe garantirse a coordinación das doazóns, os transplantes de órganos e os implantes de células e tecidos, velando polo cumprimento dos estándares de calidade vixentes e na lexislación de aplicación.

III. Persoal dos centros e institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde:

A) Persoal licenciado sanitario do ámbito da atención especializada ou hospitalaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente nos seguintes ámbitos:

– Servizos de urxencias e gardas médicas.

– Quirófanos urxentes para a atención das persoas usuarias que requiran intervención cirúrxica inaprazable.

– Salas de partos.

– Laboratorios de urxencias.

Nas áreas sinaladas é imprescindible a cobertura do 100 % da actividade urxente, dado que non é posible prever as necesidades, por non ser unha actividade programable, e, posto que nestes casos é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. Cobertura do 100 % da actividade nas seguintes áreas:

– Unidades de reanimación.

– Unidades de coidados intensivos, de adultos ou pediátricas e unidades coronarias, de ser o caso.

– Área de diálise.

– Área de tratamentos oncolóxicos.

3. Cobertura da actividade cirúrxica dos/das pacientes, tanto hospitalizados/as como ambulatorios/as, con respecto ás patoloxías que poñan en perigo a súa vida ou agraven o seu estado de saúde, en especial, procesos neoplásicos.

4. Na área de hospitalización de pacientes, establecerase o número necesario para garantir a atención urxente dos/das pacientes hospitalizados/as e as altas clínicas. Ademais, garantirase a presenza dun/dunha facultativo/a por unidade de hospitalización médica e cirúrxica co obxectivo de garantir a asistencia ás persoas usuarias ingresadas, calquera que sexa a modalidade da prestación, coa seguinte proporción:

– En unidades con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En unidades de cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En unidades de nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En unidades con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

5. No ámbito de consulta, así como das interconsultas dos/das pacientes hospitalizados/as que o requiran, atenderanse as consideradas como urxentes ou preferentes, segundo o criterio do persoal facultativo. Así mesmo, atenderanse as consultas dos/das pacientes oncolóxicos/as que requiran tratamento citostático e os/as pacientes desprazados/as polo mesmo motivo.

6. Garantirase a realización de determinacións e probas complementarias urxentes e as que se refiren aos/ás pacientes hospitalizados/as que, no criterio do persoal facultativo, sexan necesarias e inaprazables, entendéndose incluídas as dos/das pacientes con neoplasias malignas.

7. Garantirase a dispensación de sangue, medicamentos e produtos sanitarios que, segundo o criterio do persoal facultativo, sexan necesarios.

8. Garantirase a atención necesaria a pacientes de hospitalización a domicilio e coidados paliativos.

B) Persoal licenciado sanitario do ámbito da atención primaria:

1. Cobertura do 100 % da actividade urxente.

É imprescindible a cobertura do 100 % da actividade do servizo de urxencias extrahospitalarias (puntos de atención continuada-PAC), tendo en conta que non cabe prever as necesidades por non tratarse dunha actividade programable e ante a que é preciso dar unha resposta asistencial inmediata, polo que ten que manterse a cobertura asistencial establecida nos supostos de urxencia.

2. Os servizos mínimos que se fixan no tramo ordinario de atención prestarán a asistencia urxente ou inaprazable desa unidade, calquera que sexa a modalidade da prestación. Dotación mínima:

– En centros con catro ou menos profesionais: 1 efectivo.

– En centros de cinco a oito profesionais: 2 efectivos.

– En centros de nove a doce profesionais: 3 efectivos.

– En centros con trece ou máis profesionais: 4 efectivos.

Así mesmo, garantirase a atención pediátrica urxente coa presenza dun/dunha pediatra por centro e/ou zona de referencia.

Artigo 2

Con base nos criterios anteriores, no anexo desta orde recóllese o número de efectivos precisos para cubrir os servizos mínimos durante a folga.

A fixación do persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá estar adecuadamente motivada.

A xustificación debe constar no expediente de determinación de servizos mínimos e exteriorizarse axeitadamente para o xeral coñecemento do persoal destinatario. Deberá quedar constancia no expediente dos factores ou criterios cuxa ponderación conduce a determinar as presenzas mínimas.

A relación de persoal necesario para a cobertura dos servizos mínimos deberá ser publicado nos taboleiros de anuncios do centro ou entidade con antelación ao comezo da folga.

A designación nominal dos efectivos que deben cubrir os servizos mínimos, que deberá recaer no persoal de xeito rotatorio, será determinada pola respectiva institución e notificada aos/ás profesionais designados/as.

O persoal designado como servizo mínimo que desexe exercer o seu dereito de folga poderá instar a substitución da súa designación por outro/a traballador/a que voluntariamente acepte o cambio de xeito expreso.

Artigo 3

Os paros e alteracións no traballo por parte do persoal necesario para o mantemento dos servizos mínimos serán considerados ilegais para os efectos do establecido no artigo 16 do Real decreto lei 17/1977, do 4 de marzo, sobre relacións de traballo (BOE núm. 58, do 9 de marzo).

Artigo 4

O disposto nos artigos precedentes non significará ningún tipo de limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal nesta situación, nin tampouco sobre a tramitación e efectos das peticións que a motiven.

Artigo 5

Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías das persoas usuarias dos establecementos sanitarios. Os altercados ou incidentes que se produzan serán obxecto de sanción con base nas normas vixentes.

Disposición derradeira

Esta orde producirá efectos e entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2025

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade

ANEXO

Provincia da Coruña

Área Sanitaria da Coruña e Cee.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

13

13

8

Área Cirúrxica

75

35

35

Área Clínica/Hospitalización

68

20

20

Servizos centrais

20

10

10

Hospital Virxe da Xunqueira-Cee.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

8

5

5

Área Clínica/Hospitalización

5

3

2

Servizos centrais

4

1

1

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico de familia e pediatra

128

63

18

Área Sanitaria de Ferrol.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Arquitecto Marcide-Novoa Santos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

5

Área Cirúrxica

20

12

12

Área Clínica/Hospitalización

37

12

12

Servizos centrais

19

7

6

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia, pediatra, odontólogo e farmacéutico

54

27

11

Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

14

13

7

Área Cirúrxica

73

34

34

Área Clínica/Hospitalización

71

25

24

Servizos centrais

23

16

13

Hospital Público da Barbanza.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

5

5

4

Área Cirúrxica

6

6

6

Área Clínica/Hospitalización

4

3

2

Servizos centrais

4

3

2

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia, pediatra e odontólogo

141

44

24

Provincia de Lugo

Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Lucus Augusti.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

11

12

8

Área Cirúrxica

31

18

18

Área Clínica/Hospitalización

41

13

12

Servizos centrais

30

9

8

Hospital Público de Monforte de Lemos.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

9

9

9

Área Clínica/Hospitalización

7

4

4

Servizos centrais

7

5

4

Hospital Público da Mariña.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

4

3

3

Área Cirúrxica

12

11

11

Área Clínica/Hospitalización

7

4

4

Servizos centrais

6

2

2

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia, pediatra e odontólogo

107

37

27

Provincia de Ourense

Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

8

7

4

Área Cirúrxica

41

16

16

Área Clínica/Hospitalización

69

15

13

Servizos centrais

50

14

13

Hospital de Verín.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

3

3

Área Cirúrxica

4

4

4

Área Clínica/Hospitalización

5

1

1

Servizos centrais

5

1

1

Hospital Público de Valdeorras.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

3

2

2

Área Cirúrxica

3

2

2

Área Clínica/Hospitalización

9

6

6

Servizos centrais

5

3

3

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia e pediatra

125

27

21

Provincia de Pontevedra

Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

12

10

7

Área Cirúrxica

56

21

21

Área Clínica/Hospitalización

46

12

12

Servizos centrais

22

7

6

Hospital do Salnés.

Servizos mínimos

Maña

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

6

4

3

Área Cirúrxica

14

4

4

Área Clínica/Hospitalización

8

2

2

Servizos centrais

8

3

3

– Servizos sanitarios de atención primaria.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal médico de familia, pediatra, odontólogo e farmacéutico

80

29

12

Área Sanitaria de Vigo.

– Servizos sanitarios de atención hospitalaria.

Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Urxencias

15

15

9

Área Cirúrxica

75

37

37

Área Clínica/Hospitalización

67

27

26

Servizos centrais

36

16

14

– Servizos sanitarios de atención primaria de Vigo.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Médico de familia, pediatra, odontólogo e farmacéutico

126

60

21

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

Localidade

Servizo

Categoría

Mañá

Tarde

Noite

Ourense

Medicina nuclear

Facultativo/a

2

-

-

Santiago

Ciclotrón

Facultativo/a

1

-

11

UTPR

Facultativo/a

1

-

-

Vigo

Diagnóstico por imaxe unidade móbil

Facultativo/a

1

11

-

Medicina nuclear-PET

Facultativo/a

1

2

11

Oncoloxía radioterápica

Facultativo/a

3

1

-

Radiofísica

Facultativo/a

3

1

-

1 Localizado

Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS).

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Hematólogo/a

2

-

-

Médico hemodoazón

9

10

-

Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

Médico coordinador

6+11

6+11

3

Médico asistencial base ambulancia

12

12

12

Médico asistencial base helicóptero

22

22

-

1 Aos 6 efectivos na quenda de mañá hai que sumarlle un en horario de 10.00 a 17.00 horas. Aos 6 efectivos na quenda de tarde hai que sumarlle un en horario de 17.00 a 00.00 horas.

2 Están operativos de orto a ocaso.

Instituto Galego de Oftalmoloxía (Ingo).

Servizos mínimos

Mañá

Tarde

Noite

Persoal facultativo

1

-

-