Mediante a Orde do 27 de xuño de 2025 (DOG núm. 135, do 16 de xullo), publicáronse as bases reguladoras e convocouse o procedemento para a concesión de subvencións destinadas a realizar programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
De conformidade co artigo 15 da dita orde, a resolución correspóndelle á persoa titular da Consellería de Sanidade e da Presidencia do Servicio Galego de Saúde.
Así mesmo, o artigo 24 da mesma orde establece que se publicarán no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as subvencións concedidas con expresión da convocatoria e crédito orzamentario a que se imputen, entidade beneficiaria, cantidade concedida e finalidade da subvención.
Segundo o artigo 7.1 o crédito orzamentario inicial da orde é de 253.304 €. O custo total das subvencións concedidas irá con cargo á aplicación 5001.413A.481.21, con código de proxecto 20180005, dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.
Unha vez finalizada a fase de instrución das solicitudes recibidas e de ter sido estas avaliadas pola Comisión de Valoración prevista no artigo 13 das bases reguladoras, vista a proposta de resolución formulada polo órgano instrutor e tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias:
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da resolución ditada no procedemento SA462B, respecto das axudas destinadas á realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizado nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025, ao abeiro da Orde do 27 de xuño de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro co fin de realizar programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2025 (código de procedemento SA462B), que se achega á presente resolución no anexo.
Segundo. Conceder ás entidades que se relacionan no anexo I, ao abeiro da indicada orde, as axudas reflectidas na dita relación, como consecuencia da aplicación dos criterios de baremación previstos no artigo 14 da orde.
Terceiro. Denegar, á entidade que se relaciona no anexo II, a axuda solicitada como consecuencia de non cumprir cos requisitos para ser entidade beneficiaria que se enumeran no artigo 2 da indicada orde.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2025
Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade
ANEXO I
Entidades beneficiarias da subvención
|
Posto |
Núm. de expediente |
NIF |
Entidade |
Programa |
Puntos |
Importe adxudicado (€) |
|
1 |
SA462B-2 |
G36642726 |
Asociación Érguete Prevención e Intervención en Condutas Adictivas |
Programa social de apoio a procesos de rehabilitación Érguete IV |
42 |
63.326,00 € |
|
2 |
SA462B-4 |
G36642726 |
Asociación Érguete Prevención e Intervención en Condutas Adictivas |
Programa social de apoio a procesos de rehabilitación Érguete III |
42 |
63.326,00 € |
|
3 |
SA462B-3 |
G36642726 |
Asociación Érguete Prevención e Intervención en Condutas Adictivas |
Programa social de apoio a procesos de rehabilitación Érguete II |
41,9 |
63.326,00 € |
|
4 |
SA462B-1 |
G36208387 |
Asociación Rexurdir Provincial |
Piso de apoio a procesos terapéuticos |
40,3 |
63.326,00 € |
ANEXO II
Entidades sen dereito a subvención
|
Posto |
Expediente |
Entidade |
Programa |
Motivo de exclusión |
|
5 |
SA1642B-5 |
Asociación Cultural Progreso |
Acollida con dependencias |
Non cumpre cos requisitos |
