DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 2 de outubro de 2025 Páx. 52073

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2025 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2025.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) no segundo cuadrimestre do ano 2025, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2025

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Infraestruturas no segundo cuadrimestre do ano 2025

Convenio

Data sinatura

Importe achegado pola AXI (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Pereiro de Aguiar para proceder a iluminación das sendas peonís nas estradas autonómicas OU-536 e OU-537

7.5.2025

258.574,35

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Redondela para a mellora da seguridade viaria e reordenación da PO-363 entre Redondela e a praia de Cesantes

30.7.2025

1.594.713,10

Convenio de colaboración entre a Autoridade Portuaria da Coruña e a Axencia Galega de Infraestruturas para a execución dun edificio de servizos da estrutura flotante para actividades náutico-deportivas na zona do Parrote no porto da Coruña

1.8.2025

378.016,40

Addenda nº 3 ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Autoridade Portuaria da Coruña para a redacción do proxecto e execución da obra «estrutura flotante na zona do Parrote do porto da Coruña para a realización de actividades náutico deportivas»

6.8.2025

Non ten achega económica