DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Xoves, 2 de outubro de 2025 Páx. 52074

III. Outras disposicións

Axencia de Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2025 pola que se reaxustan as anualidades previstas na Resolución do 2 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigación e se procede á súa convocatoria para os anos 2025 a 2027 (código de procedemento TU981C).

O 14 de maio de 2025 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Resolución do 2 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigacións e se procede á súa convocatoria para os anos 2025 a 2027 (código de procedemento TU981C).

O cumprimento dos prazos do procedemento de adxudicación das bolsas que se exixen nas bases reguladoras supón o atraso da data de incorporación das persoas bolseiras a unha nova data, que sería o 1 de outubro de 2025. Debido a este atraso é preciso realizar unha modificación do crédito das anualidades 2025 e 2027, trasladando tres anualidades do crédito de 2025 a 2027.

De conformidade coa competencia conferida polo artigo 19 dos estatutos da Axencia de Turismo de Galicia, aprobados polo Decreto 196/2012, do 27 de setembro,

RESOLVO:

Primeiro. Redistribuír o crédito dispoñible establecido no artigo 3 das bases reguladoras da Resolución do 2 de maio de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de dúas bolsas de formación práctica na Área de Estudos e Investigacións e se procede á súa convocatoria para os anos 2025 a 2027 (código de procedemento TU981C), que terá a seguinte distribución plurianual:

Partida orzamentaria

2025

2026

2027

04.A2.761A.480.0

7.495,20 €

29.980,80 €

22.485,60 €

04.A2.761A.484.0

382,08 €

1.528,32 €

1.146,24 €

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia, para os efectos previstos no artigo 44 e 45.3 da LPACAP.

Terceiro. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a apertura dun novo prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2025

José Manuel Merelles Remy
Director da Axencia de Turismo de Galicia