DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 6 de outubro de 2025 Páx. 52590

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 22 de setembro de 2025 de emprazamento no procedemento ordinario 4217/2025 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do recurso contencioso-administrativo contra a Resolución do 20 de xaneiro de 2025 (rectificada pola Resolución do 20 de marzo de 2025), de modificación de delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Sanxenxo.

En cumprimento coa solicitude formulada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contencioso-administrativo sección 02-02 A Coruña, na cal se ordena o emprazamento aos interesados, en relación co recurso contencioso-administrativo PO 4217/2025 interposto por Cresconio, S.L., de acordo co artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, emprázanse cantos aparezan como interesados na Resolución do 20 de xaneiro de 2025 (rectificada pola Resolución do 20 de marzo de 2025), ditada no expediente sobre modificación de delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Sanxenxo, para que poidan presentarse ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contencioso-administrativo sección 02-02 A Coruña, no prazo de nove (9) días, contados desde a publicación deste anuncio.

O que se fai publico para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025

José Antonio Álvarez Vidal
Presidente

ANEXO

Expediente: PO 4217/2025.

Demandante: Cresconio, S.L.

Demandado: EPE Portos de Galicia.

Xulgado: Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contencioso-administrativo sección 02-02 A Coruña.

Acto demandado: Resolución do 20 de xaneiro de 2025 (rectificada pola Resolución do 20 de marzo de 2025), ditada en expediente sobre modificación de delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Sanxenxo.

Acto publicado: emprazamento aos interesados.