DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Luns, 6 de outubro de 2025 Páx. 52401

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

ORDE do 29 de setembro de 2025 pola que se dispón o nomeamento dun membro do Consello de Bioética de Galicia.

A Orde do 16 de outubro de 2015 pola que se regulan as funcións, a composición e o funcionamento do Consello de Bioética de Galicia indica no artigo 3, relativo á súa composición, que as persoas membros do Consello de Bioética de Galicia serán nomeadas e cesadas pola persoa titular da consellería con competencias en materia de sanidade, por un período de tres anos prorrogables por outro período de igual duración. Tanto o nomeamento como o cesamento serán publicados no Diario Oficial de Galicia.

O artigo 7 da citada orde dispón que a Secretaría do Consello de Bioética de Galicia corresponderá a un empregado público ou a unha empregada pública da consellería con competencias en materia de sanidade ou do Servizo Galego de Saúde, nomeado/a pola persoa titular desta consellería.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

Nomear como membro e secretario do Consello de Bioética de Galicia a José Alfonso Marnotes González.

Santiago de Compostela, 29 de setembro de 2025

Antonio Gómez Caamaño
Conselleiro de Sanidade