Con motivo da ausencia do presidente da Xunta de Galicia, cómpre prover a súa substitución durante o tempo de duración desta.
Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e conforme o establecido no Decreto 44/2024, do 14 de abril, polo que se nomean os titulares das consellerías da Xunta de Galicia,
DISPOÑO:
Artigo único
Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, encárgaselle o despacho dos asuntos da Presidencia, desde o día 6 de outubro ata o seu regreso, ao conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes.
Santiago de Compostela, tres de outubro de dous mil vinte e cinco
Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente
