Examinado o expediente iniciado por solicitude de Energías Ambientales de Somozas, S.A., en relación coa declaración de utilidade pública, en concreto, do Parque Eólico Somozas, constan os seguintes
Antecedentes de feito:
Primeiro. O 8.7.2020, Energías Ambientales de Somozas, S.A., presentou a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e aprobación do proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) para a modificación substancial do Parque Eólico Somozas, ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.
Esta modificación consiste, con carácter xeral, na retirada das actuais infraestruturas (81 aeroxeradores) e na instalación de novas máquinas e infraestruturas de conexión entre elas, de forma que se reduce o número de aeroxeradores a 10 unidades, de maiores dimensións e potencia unitaria cós actuais, mantendo a mesma potencia evacuable do parque eólico.
Segundo. O 18.3.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais notificoulle á promotora o cumprimento de requisitos da súa solicitude de modificación substancial.
Terceiro. O 17.6.2021, o Consello da Xunta de Galicia acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o Parque Eólico Somozas, promovido por Energías Ambientales de Somozas, S.A. e pola Resolución do 27 de xullo de 2021, da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, declarouse a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.
Cuarto. O 11.8.2021, Energías Ambientales de Somozas, S.A. presentou a solicitude de declaración de utilidade pública para o proxecto do Parque Eólico Somozas, e achegou a correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, de acordo co establecido no artigo 44.3 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Quinto. Polo Acordo do 20 de agosto de 2021, da Xefatura Territorial da Coruña, sometéronse a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (proxecto de interese autonómico) do proxecto do Parque Eólico Somozas.
O dito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 31 de agosto de 2021 e no xornal La Voz de Galicia do 30 de agosto. Así mesmo, permaneceu exposto ao público no taboleiro de anuncios do concello afectado (As Somozas), e nas dependencias da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Xefatura Territorial da Coruña, que emitiron os correspondentes certificados de exposición pública. Así mesmo, o dito acordo estivo exposto no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.
Durante o trámite de información pública, así como durante a tramitación do expediente, presentáronse alegacións, as cales foron remitidas e contestadas pola promotora.
Sexto. Pola Resolución do 4 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, outorgáronse a autorización de desmantelamento das instalacións actuais do Parque Eólico Somozas (Monte da Serra, Monte Marván e Monte Vilalbesa), a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción das instalacións relativas ao proxecto do Parque Eólico Somozas (DOG núm. 209, do 29 de outubro 2024).
Sétimo. O 26.12.2024, a promotora solicitou o recoñecemento como non substancial dunha modificación do proxecto, consistente, con carácter xeral, no cambio do modelo de aeroxerador proxectado, e na eliminación da torre meteorolóxica prevista. Co cambio de modelo de aeroxerador prodúcese unha redución da potencia total instalada, que pasa dos 49,95 MW aos 46,4 MW.
Oitavo. O 13.2.2025, Energías Ambientales de Somozas, S.A., como consecuencia das modificacións introducidas durante a tramitación do proxecto e das propostas na solicitude de modificación non substancial recollida no antecedente de feito anterior, solicitou a declaración de utilidade pública para o proxecto modificado, e achegou a correspondente relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados, para dar cumprimento ao establecido no artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
O 14.3.2025, o 24.4.2025 e o 22.5.2025, en resposta aos requirimentos desta dirección xeral do 13.2.2025 e do 25.3.2025, a promotora achegou documentación complementaria, así como emenda da documentación incluída na súa solicitude.
Noveno. Pola Resolución do 13 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, recoñeceuse como non substancial a modificación do proxecto, recollida no antecedente de feito sétimo.
Décimo. O 27.5.2025, esta dirección xeral remitiulle ao Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña a documentación da solicitude de declaración de utilidade pública para a modificación do proxecto do parque eólico, coa fin de continuar coa súa tramitación, en cumprimento do artigo 44 da Lei 8/2009.
Décimo primeiro. Polo Acordo do 8 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, coa necesidade de urxente ocupación que iso implica, da modificación do proxecto Parque Eólico Somozas (en explotación), no concello das Somozas
O Acordo publicouse o 23 de xullo de 2025 no Diario Oficial de Galicia (DOG) núm. 140 e no xornal La Voz de Galicia, edición Ferrol. Así mesmo, estivo exposto no taboleiro de anuncios da Casa do Concello das Somozas, segundo o certificado emitido polo dito Concello o 11.9.2025; no taboleiro de anuncios das dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, segundo o certificado emitido o 9.9.2025, así como no portal web da citada consellería, durante un período de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, de acordo co disposto no artigo 44.4 e 33.10 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.
Non consta a presentación de alegacións durante o dito período de exposición pública.
Décimo segundo. O 17.7.2025, a Sección de Minas do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña informou, en relación cos posibles dereitos mineiros afectados pola instalación que «de acordo cos datos que figuran no día de hoxe no mapa do Rexistro Mineiro de Galicia do RUE e no Catastro Mineiro de Galicia, resulta que non existen dereitos mineiros vixentes concorrentes no espazo territorial proxectado para a modificación do Parque Eólico Somozas».
Décimo terceiro. O 17.7.2025, o Servizo de Montes do Departamento Territorial da Coruña da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal (DXPOF) da Consellería do Medio Rural emitiu un certificado de aproveitamentos de masas forestais relativo ao Parque Eólico Somozas, no cal indica que «segundo os datos que constan nas bases de datos da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, o espazo territorial proxectado para a devandita infraestrutura non afecta montes públicos demaniais ou patrimoniais, non afecta montes xestionados pola Consellería de Medio Rural con consorcio ou convenio, nin montes veciñais en man común».
Décimo cuarto. O 10.9.2025, en resposta ao requirimento do Departamento Territorial do 9.9.2025, e en relación cos cambios introducidos no proxecto autorizado e na modificación non substancial resolta o 13.5.2025, o promotor achegou unha declaración responsable, para os efectos do establecido no artigo 44.4 da Lei 8/2009, en que manifesta que as referidas modificacións non producen novas afeccións aos organismos afectados, xa consultados durante a tramitación da autorización administrativa previa e de construción da referida instalación.
Décimo quinto. O 17.9.2025, o Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático remitiu á Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático a documentación relativa á tramitación da información pública e de consultas aos organismos afectados da modificación da solicitude de declaración de utilidade pública do parque eólico.
Décimo sexto. O 25.9.2025, a promotora achegou a esta dirección xeral a relación de bens e dereitos afectados definitiva, actualizada en virtude dos acordos acadados e na cal se recolle a desafectación dunha parcela.
Décimo sétimo. O 26.9.2025, a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático recibiu, do Servizo de Enerxías Renovables e Infraestruturas do Departamento Territorial da Coruña, un informe da mesma data en que se conclúe: «Revisada a documentación achegada pola DXERCC en relación co Parque Eólico Somozas e feitas a comprobacións oportunas, informo que non habería limitacións á constitución de servidumes a que se fai referencia no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000».
Aos antecedentes de feito descritos sonlles de aplicación os seguintes
Fundamentos de dereito.
Primeiro. A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático é competente para resolver este procedemento con fundamento no Decreto 49/2024, do 22 de abril, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, no Decreto 137/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, polo artigo 39 da Lei 18/2021, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, polo artigo 46 da Lei 7/2022, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, polo artigo 39 da Lei 10/2023, do 28 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, pola disposición derradeira segunda da Lei 2/2024, do 7 de novembro, de promoción dos beneficios sociais e económicos dos proxectos que utilizan os recursos naturais de Galicia, e polo artigo 30 da Lei 5/2024, do 27 de decembro, de medidas fiscais e administrativas.
Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites de procedemento establecidos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas vixentes de aplicación.
Terceiro. De acordo co artigo 56.1 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a declaración de utilidade pública leva implícita en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados, e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.
Cuarto. No que respecta ás alegacións recibidas, cómpre indicar que estas se corresponden co período de información pública recollido no antecedente de feito quinto desta resolución. Visto o seu contido, referente á titularidade e ás características dos bens e dereitos afectados, e as respostas efectuadas pola promotora, cómpre indicar que se tomou razón de todas as manifestacións e documentos presentados polas persoas interesadas, para os efectos previstos no artigo 52, número 3, da Lei de expropiación forzosa.
En relación co período de información pública iniciado polo Acordo do 8 de xullo de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, non se recibiron alegacións, tal e como se indica no antecedente de feito décimo primeiro.
De acordo con todo o que antecede,
RESOLVO:
Primeiro. Declarar a utilidade pública, en concreto, das instalacións do Parque Eólico Somozas, sito no concello das Somozas (A Coruña) e promovido por Energías Ambientales de Somozas, S.A. (expediente IN408A 2020/105), segundo o previsto nos artigos 54 e 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 (BOE núm. 351, do 17 de decembro), en relación coas parcelas recollidas no anexo desta resolución.
Segundo. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 148 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.
Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2025
Paula Mª Uría Traba
Directora xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados polo Parque Eólico Somozas
|
Nº de predio prox. |
Titulares |
Datos catastrais |
Pleno dominio ou ocupación permanente |
Servidume de paso |
Serv. voo aero |
Ocup. temp. |
Superficies solapamentos servidumes |
|||||||||||
|
Pol. |
Parc. |
Referencia catastral |
Lugar |
Tipo |
Cult. |
nº aero |
Cim. |
Plat. |
Vieiro |
Gabia |
Serv. vieiro-gabia |
Serv.voo -vieiro |
Serv. voo- gabia |
Serv. voo- vieiro-gabia |
||||
|
10 |
Castro Picos, Santiago |
11 |
244 |
15082A011002440000GW |
Prado de Romeo |
Rústico |
MT |
SG001 |
|
333 |
|
|
|
|
||||
|
13 |
Pena Fraga, Purificación |
5 |
384 |
15082A005003840000GY |
Morado |
Rústico |
MT |
|
|
|
203 |
23 |
|
67 |
23 |
|
|
|
|
14 |
Fraga Carballal, Osbaldo |
5 |
385 |
15082A005003850000GG |
Morado |
Rústico |
MT |
|
|
|
168 |
19 |
|
58 |
19 |
|
|
|
|
15 |
López Fraga, José María e 3 máis |
5 |
436 |
15082A005004360000GS |
Prado Romeo |
Rústico |
MT |
|
|
|
265 |
14 |
|
81 |
14 |
|
|
|
|
16 |
Parapar Santiago, Marino e outros |
5 |
437 |
15082A005004370000GZ |
Prado Romeo |
Rústico |
MT |
|
|
|
120 |
|
|
31 |
|
|
|
|
|
17 |
Descoñecido |
5 |
386 |
15082A005003860000GQ |
Morado |
Rústico |
MT |
|
|
|
471 |
4 |
|
92 |
4 |
|
|
|
|
22 |
Descoñecido |
9 |
201 |
15082A009002010000GF |
Lagos de Marván |
Rústico |
MT |
S002 |
|
134 |
776 |
52 |
4.900 |
98 |
31 |
450 |
44 |
31 |
|
32 |
Ramírez Bustabad, Nicolás |
9 |
151 |
15082A009001510000GE |
Bragueiros |
Rústico |
MT |
|
|
|
950 |
104 |
|
1.010 |
|
|
|
|
|
35 |
Formoso Galego, José |
9 |
147 |
15082A009001470000GJ |
Marván |
Rústico |
MT |
|
|
|
|
7 |
|
50 |
|
|
|
|
|
36 |
Riobó Carballal, Baldomero |
9 |
206 |
15082A009002060000GD |
Rego |
Rústico |
PD |
|
|
|
|
67 |
|
498 |
|
|
|
|
|
41 |
Pita Rego, Josefa |
10 |
29 |
15082A010000290000GD |
Carabullo |
Rústico |
PD |
|
|
|
|
232 |
|
1.736 |
|
|
|
|
|
42 |
López Prado, José |
10 |
53 |
15082A010000530000GP |
Pedreira |
Rústico |
E |
|
|
|
|
37 |
|
275 |
|
|
|
|
|
51 |
Concello das Somozas |
501 |
620 |
15082A501006200000FR |
Monte das Augas |
Rústico |
EU |
|
|
|
249 |
|
|
135 |
|
|
|
|
|
65 |
Descoñecido |
19 |
88 |
15082A019000880000GA |
Monte de Arriba |
Rústico |
MT |
|
|
|
725 |
|
|
160 |
|
|
|
|
|
71 |
Riobó Carballal, Baldomero |
21 |
90 |
15082A021000900000GP |
O Viñón |
Rústico |
MT |
S004 |
|
4 |
|
|
|
|
||||
|
79 |
Riobó Carballal, Manuela |
20 |
309 |
15082A020003090000GR |
O Viñón |
Rústico |
MT |
|
|
|
|
3 |
|
|
|
|
|
|
|
81 |
López Prada, Josefa |
20 |
307 |
15082A020003070000GO |
O Viñón |
Rústico |
PD |
|
|
|
|
26 |
|
23 |
|
|
|
|
|
105 |
Galego Gómez, Rafael |
20 |
365 |
15082A020003650000GQ |
Vilalbesa |
Rústico |
MT |
|
|
|
|
223 |
|
778 |
|
|
|
|
|
107 |
Galego Gómez, José Luis |
20 |
366 |
15082A020003660000GP |
Vilalbesa |
Rústico |
MT |
|
|
|
|
63 |
|
210 |
|
|
|
|
|
108 |
Vilaboy Martínez, Pedro |
20 |
248 |
15082A020002480000GD |
Covelas |
Rústico |
MM |
|
|
|
|
118 |
|
458 |
|
|
|
|
|
109 |
Vilaboy Millor, Josefa |
20 |
350 |
15082A020003500000GI |
Cupeiro |
Rústico |
MT |
|
|
|
110 |
|
|
3.384 |
|
|
|
|
|
116 |
Fernández García, Emilio |
20 |
349 |
15082A020003490000GE |
Cupeiro |
Rústico |
MT |
|
|
|
194 |
|
|
18 |
|
|
|
|
|
117 |
Descoñecido |
20 |
381 |
15082A020003810000GX |
Bustabade |
Rústico |
MT |
|
|
|
85 |
|
|
|
|
|
|
|
|
120 |
Bello Prieto, María Purificación |
30 |
397 |
15082A030003970000GF |
A Veiga |
Rústico |
MT |
|
|
|
|
16 |
|
68 |
|
|
|
|
|
130 |
Ameneiro Costa, Atilano |
29 |
101 |
15082A029001010000GD |
A Caruncha |
Rústico |
PD |
|
|
|
243 |
|
22 |
123 |
|
|
|
|
|
131 |
Ameneiro Costa, María |
29 |
100 |
15082A029001000000GR |
A Caruncha |
Rústico |
PD |
|
|
|
397 |
70 |
558 |
|
|
235 |
70 |
|
|
133 |
Ameneiro Costa, María |
30 |
270 |
15082A030002700000GT |
Serra |
Rústico |
MT |
|
|
|
|
|
138 |
|
|
|
|
|
|
144 |
Casal Bouza, Emilia |
29 |
89 |
15082A029000890000GP |
A Caruncha |
Rústico |
PD |
S007 |
|
369 |
|
|
|
|
||||
|
147 |
Doce Vilariño, Manuel |
29 |
231 |
15082A029002310000GX |
A Caruncha |
Rústico |
MT |
|
|
|
|
19 |
|
64 |
|
|
|
|
|
148 |
Anca Formoso, M. Dolores Rogelia (hdros.) |
29 |
145 |
15082A029001450000GW |
A Caruncha |
Rústico |
PD |
|
|
|
|
241 |
|
910 |
|
|
|
|
|
150 |
Vilaboy Justo, Segunda |
22 |
432 |
15082A022004320000GE |
Marota |
Rústico |
MT |
|
|
|
|
108 |
|
396 |
|
|
|
|
|
151 |
Descoñecido |
22 |
403 |
15082A022004030000GU |
Marota |
Rústico |
MT |
|
|
|
|
61 |
|
251 |
|
|
|
|
|
160 |
Cendán Doce, Dolores (hdros.) |
29 |
139 |
15082A029001390000GZ |
Pena dos Ladróns |
Rústico |
MT |
|
|
|
|
45 |
|
323 |
|
|
|
|
|
165 |
Anca Formoso, M. Dolores Rogelia (hdros.) |
23 |
62 |
15082A023000620000GU |
Pena dos Ladróns |
Rústico |
MT |
|
|
|
|
18 |
|
170 |
|
|
|
|
|
166 |
Anca Formoso, M. Dolores Rogelia (hdros.) |
23 |
64 |
15082A023000640000GW |
Pena dos Ladróns |
Rústico |
MT |
|
|
|
|
112 |
|
808 |
|
|
|
|
|
167 |
López Anca, José Luis |
23 |
78 |
15082A023000780000GO |
Pena Pazo |
Rústico |
PD |
|
|
|
|
100 |
|
746 |
|
|
|
|
|
172 |
Franco Cendán, Andrés |
28 |
299 |
15082A028002990000GB |
Fonte do Espiño |
Rústico |
MM |
|
|
|
796 |
72 |
|
19 |
|
|
|
|
|
178 |
Franco Cendán, Josefa Pilar Franco Cendán, Remedios Franco Meizoso, Fernando Franco Bouza, José Antonio |
28 |
254 |
15082A028002540000GX |
Pena Cativa |
Rústico |
MT |
|
|
|
1.200 |
54 |
|
217 |
54 |
|
|
|
|
Franco Bouza, Carmen |
||||||||||||||||||
|
182 |
Vilaboy Ramos, Modesta |
28 |
177 |
15082A028001770000GP |
Porto do Carro |
Rústico |
MT |
|
|
|
79 |
|
|
109 |
|
|
|
|
|
186 |
Rodríguez Guerreiro, Herminia |
28 |
228 |
15082A028002280000GU |
Fonte Corna |
Rústico |
MM |
|
|
|
261 |
75 |
|
240 |
|
|
|
|
|
188 |
Financiera Maderera, S.A. |
28 |
199 |
15082A028001990000GH |
Porto do Carro |
Rústico |
E |
S009 |
|
485 |
1.972 |
138 |
|
269 |
|
|
|
|
|
189 |
Financiera Maderera, S.A. |
28 |
202 |
15082A028002020000GA |
Fonte das Bruxas |
Rústico |
MM |
|
|
|
683 |
|
|
574 |
|
|
|
|
|
190 |
Financiera Maderera, S.A. |
24 |
232 |
15082A024002320000GW |
Tablos |
Rústico |
MM |
S009 |
253 |
3.273 |
3.602 |
123 |
5.259 |
700 |
|
1.785 |
64 |
|
|
191 |
López Castro, Pablo Gervasio |
24 |
233 |
15082A024002330000GA |
Tablos |
Rústico |
MT |
|
|
|
468 |
|
|
212 |
|
|
|
|
|
252 |
Anca Durán, Carlos |
9 |
84 |
15082A009000840000GI |
Suvalado |
Rústico |
PD |
|
|
|
100 |
|
|
|
|
|
|
|
Afeccións do parque eólico en metros cadrados (m2):
– Superficie de pleno dominio:
• Nº aero: número aeroxerador.
• Cim.: cimentación do aeroxerador, superficie ocupada pola zapata que garante a estabilidade dun aeroxerador.
• Plat.: plataforma, superficie necesaria para a montaxe e mantemento dos aeroxeradores.
– Servidume de paso:
• Vieiro: dereito de paso polas vías en que circularán os transportes para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións do parque eólico.
• Gabia: servidume de paso da liña eléctrica soterrada.
– Serv. voo aero: servidume definida pola superficie de varrido das pas do aeroxerador.
– Ocup. temp.: ocupación temporal de terreos para a construción, vixilancia, conservación e reparación das instalacións.
– Superficies solapamentos servidumes:
• Serv. vieiro-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de servidume de paso vieiro e servidume de paso gabia.
• Serv. voo-vieiro: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de servidume do voo e servidume de paso vieiro.
• Serv. voo-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as afeccións de servidume do voo e servidume de paso gabia.
• Serv. voo-vieiro-gabia: abrangue aquelas zonas onde coinciden as tres afeccións, servidume do voo, servidume de paso vieiro e servidume de paso gabia.
