DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Venres, 10 de outubro de 2025 Páx. 53251

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Lugo, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción, e se declara a utilidade pública, en concreto, para os efectos da urxente ocupación, dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2024/17-2).

Examinado o expediente instruído por instancia da empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., con enderezo para os efectos de notificación na avenida América, 38, 28028 Madrid, aprécianse os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro. Con data do 25 de xaneiro de 2024, a citada empresa solicita a autorización administrativa previa e de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, para a instalación eléctrica denominada Cambio de sección na LMTA CHA815 entre os apoios núm. D14 e núm. 54 (Chantada), no concello de Chantada.

Coa solicitude achégase o proxecto de execución, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Antonio Javier Sabín Vázquez o 11 de xaneiro de 2024, o que fai referencia o Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), que regula as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e xuntando a relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados pola instalación que determina a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro) e o artigo 143 do Real decreto 1955/2000, antes citado.

Segundo. O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, mediante o Acordo deste departamento territorial do 4 de novembro de 2024. Este acordo foi publicado no diario La Voz de Galicia, do 8 de novembro de 2024, e no Diario Oficial de Galicia, do 27 de novembro de 2024, no taboleiro de anuncios do citado departamento territorial e no taboleiro de anuncios do Concello de Chantada. Con este acordo inseríase a relación de bens e dereitos afectados.

Terceiro. Déuselles traslado das separatas do proxecto ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas e cumpríronse os trámites establecidos no artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro.

Cuarto. Durante o trámite de información pública presentáronse as seguintes alegacións, que se comunicaron a UFD para que presentase a súa contestación:

• Antonio Barredo Otero alega:

1. Con respecto ao predio número 15:

– Que o apoio que existe no lindeiro coa estrada provincial preténdese implantar a 16 metros, no centro do predio, o que ocasiona un prexuízo no valor do predio e dificultades para a recollida das colleitas.

– A modificación do trazado orixinal do apoio 39 existente o CT existente que discorre polo lindeiro anexo á estrada.

– Nova afección co trazado proposto, que deixa a servidume de voo e de dereito de paso diminuída á superficie total do predio, que, sumada á afección que provoca o paso do apoio 38 e 39, fai que resulte antieconómica a explotación do predio.

– Non se considera a servidume de paso e voo desde o apoio 38 o 39 no seu trazado.

– Que na relación de bens e dereitos afectados non figura ningunha ocupación temporal para a execución da obra nin os peches existentes de pedra, estacas e arame que se verán afectados pola construción do apoio 38 e tendido do cableado.

2. Tamén alega en relación ao predio número 16 que non figuran os peches de pedra existentes no predio e que se respecte o acceso ás instalacións gandeiras, aos silos existentes e ás alturas do cableado para non obstaculizar o paso da maquinaria.

3. Que o predio do polígono 40 e parcela 204 é da súa propiedade, que resulta afectada pola instalación eléctrica proxectada e que non aparece na relación de bens e dereitos afectados.

UFD, en contestación a estas alegacións, indica que:

1. O apoio nº 39 que se van substituír, recúase con respecto á estrada LU-P-1806 co obxecto de cumprir coas distancias mínimas exixidas no artigo 146 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, regulamento xeral de estradas de Galicia.

2. A servidume que se pretende establecer non fai que a explotación do predio servinte sexa antieconómica e que o reclamante realiza meras manifestacións sen acreditar o dito punto.

3. O alegante poderá facer constar na súa folla de valoración a valoración de todos os prexuízos que considere que lle ocasiona o proxecto do asunto.

4. Entre os apoios 36 e 37 e entre o 38 e 39 non se inclúe a servidume de paso na relación de bens e dereitos afectados, dado que non existe modificación do trazado nin o incremento da servidume xa existente e consolidada.

5. Na correspondente acta previa á ocupación, o perito designado deixará constancia dos bens afectados pola reforma da instalación existente e oponse á pretensión do alegante de realizar unha colocación de estacas previa ao levantamento das actas previas á ocupación porque non se trata dunha nova instalación, senón da reforma dunha instalación existente.

6. Que o proxecto achegado coa solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública inclúe a documentación exixida no artigo 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e que tamén se achegou planimetría da instalación proxectada sobre a ortofoto do catastro, co obxecto de facilitar a identificación por parte dos afectados das actuacións proxectadas.

7. Que os danos provocados nas parcelas afectadas durante a execución das obras será aboado ou reparado.

8. O trámite de información pública está exento para as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, en virtude do establecido no artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia.

María Luisa Méndez Ferreirós, titular da parcela 18/1, alega que:

1. A substitución dos apoios existentes produce unha variación na servidume de voo e paso no seu predio, que non se considera na relación de bens e dereitos afectados.

2. Non figuran na relación de bens e dereitos afectados os muros de pedra que pechan o predio e que se verán afectados pola construción do novo apoio.

3. Só figura un metro cadrado de afección e ningunha ocupación temporal para a execución da obra.

4. Que o predio do polígono 40 e parcela 168 que é da súa propiedade, resulta afectada pola instalación eléctrica proxectada (apoio número 41) e non aparece na relación de bens e dereitos afectados.

UFD, en contestación a estas alegacións, indica que:

1. A parcela nº 18/1 vese unicamente afectada pola substitución do apoio existente nº 42, situado no lindeiro coa parcela nº 18, sen que iso implique o desprazamento da liña existente, polo que non se produce ningunha variación na servidume de voo e paso existente.

2. Na acta previa á ocupación, o perito designado deixará constancia dos bens afectados pola reforma da instalación existente e UFD oponse á pretensión da alegante de realizar unha colocación de estacas previa ao levantamento das actas previas á ocupación, dado que non se trata dunha nova instalación, senón a reforma dunha instalación existente. No propio acto do levantamento das actas previas á ocupación, o perito designado poderá indicar in situ as afeccións provocadas nas súas parcelas.

3. As parcelas afectadas pola obra de reforma proxectada atópanse gravadas por unha servidume de paso aéreo de enerxía eléctrica, e está o seu alcance definido no artigo 158 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, incluíndo esta o dereito de paso e acceso para atender o establecemento, vixilancia, conservación, reparación da liña eléctrica e corte de arboredo, se fose necesario, incluíndo a ocupación temporal de terreos ou outros bens, se é o caso.

4. Calquera dano que se provoque nas parcelas afectadas durante a execución das obras será aboado ou reparado.

5. O proxecto achegado coa solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública inclúe a documentación exixida nos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. A maiores da dita documentación obrigatoria, achegouse planimetría da instalación proxectada sobre a ortofoto do catastro co obxecto de facilitar a identificación por parte dos afectados das actuacións proxectadas. A dita documentación consta no expediente de referencia para a súa consulta por parte da alegante.

6. O apoio nº 41 sitúase na parcela catastral 163 do polígono 40 e chegouse a un acordo co titular da dita parcela para a substitución deste. Achégase a relación de titulares afectados e corríxese a referencia catastral da parcela nº 17 do proxecto.

Quinto. Persoal dos servizos técnicos deste departamento territorial emitiu informe favorable sobre a solicitude obxecto deste expediente, de acordo co disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Igualmente, unha vez revisado sobre o terreo o trazado da liña eléctrica proxectada, os referidos servizos técnicos informan que non se dá ningunha das limitacións para a imposición da servidume de paso de enerxía eléctrica ás que se refire o artigo 161 do Real decreto 1955/2000, en relación co artigo 58 da Lei 24/2013, sobre os predios incluídos na relación de bens e dereitos que foi obxecto de información pública e sobre as que a empresa beneficiaria non chegou a un acordo amigable cos seus propietarios.

A estes feitos son de aplicación os seguintes

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A este departamento territorial correspóndelle resolver sobre esta solicitude de acordo coas competencias que resultan do Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Segundo. No expediente cumpríronse os trámites establecidos na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, na Lei 24/2013, e os regulamentarios previstos nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. Á vista do informe técnico e do resto da documentación que figura no expediente, considérase que procede a autorización da instalación eléctrica.

Cuarto. Sen prexuízo do anterior, cómpre ter en conta que consonte o artigo 151 do citado Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, en calquera momento a empresa beneficiaria e os titulares dos necesarios bens e dereitos poden convir un mutuo acordo, causando a correspondente conclusión do expediente expropiatorio.

De acordo co exposto e en virtude das competencias que ten atribuídas, este departamento territorial

RESOLVE:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa e de construción á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A., para o establecemento da instalación eléctrica denominada Cambio de sección en LMTA CHA815 entre os apoios núm. D14 e núm. 54 (Chantada), no concello de Chantada, coas seguintes características técnicas principais:

• Modificación da liña de alta tensión aérea LMTA CHA815 a 20 kV, no tramo comprendido entre o apoio núm. D14 e o apoio núm. 54, coa substitución de 28 apoios de formigón existentes por outros de celosía metálica. Substitución do condutor tipo LA-56 existente por novo condutor tipo LA-110 sobre os apoios proxectados, cunha lonxitude de 4.128 m.

• Substitución do condutor tipo LA-30 existente por novo condutor tipo LA-56 entre o apoio núm. 39 proxectado da LMTA CHA815 e o apoio núm. 39-CT, cunha lonxitude de 51 m.

Segundo. Declarar a utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica obxecto deste expediente, o que implica a necesidade de ocupación dos bens ou da adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Por isto, en cumprimento do disposto neste artigo, acórdase que polo representante da Administración se dea comezo, na data e na hora que a cada interesado se lle notificará individualmente, ao levantamento das actas previas á ocupación dos predios contidos na relación de bens e dereitos que se inclúe no anexo desta resolución. Así mesmo, faise constar que ata o momento do levantamento das actas previas, se poderán formular as alegacións que se consideren oportunas, para os efectos de rectificar posibles erros na relación de bens afectados que foi obxecto de publicación nos medios e nas datas anteriormente referidos. Estas alegacións deberanse presentar por escrito perante este Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

Todo isto, de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e cos planos que figuran no proxecto de execución, coas condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e coas condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segunda. A peticionaria asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que se manterán as condicións regulamentarias de seguridade con carácter permanente.

Terceira. En todo momento se deberán cumprir as normas e as directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Cuarta. O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dous anos, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución. En todo caso, deberán respectarse os prazos establecidos no artigo 13.9 do Regulamento (UE) núm. 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, sobre os gases fluorados de efecto invernadoiro, polo que se modifica a Directiva (UE) núm. 2019/1937, e se derroga o Regulamento (UE) núm. 517/2014 (DOUE núm. 573, do 20 de febreiro de 2024), sobre prohibicións para a posta en funcionamento de aparellos eléctricos que empreguen gases fluorados de efecto invernadoiro, ou cuxo funcionamento dependa deles, nun medio illante ou de rotura. Unha vez construídas estas instalacións, a empresa promotora deberá presentar a solicitude de autorización de explotación ante este departamento territorial, acompañada da documentación requirida na lexislación vixente de aplicación.

Quinta. O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución poderá dar lugar á súa revogación, logo da audiencia á promotora, de conformidade co disposto no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro.

Sexta. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Esta resolución publícase para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación/publicación, de conformidade cos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Lugo, 18 de setembro de 2025

Gustavo José Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO I

Relación de bens e dereitos afectados polo proxecto de Cambio de sección en LMTA CHA815
entre os apoios núm. D14 e núm. 54 (Chantada)

Concello: Chantada (Lugo).

Expediente: IN407A 2024/17-2.

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietaria

Apoio (nº)

Apoio (m²)

Sup. (m²)

Voo (lonx.)

Voo (sup. m²)

7

42

143

Rigueiro

Prado

Bispado de Lugo

24, 25

2

4

8

42

101

Lama Damedo

Labor

José Luis Areán Fernández e irmá

26

1

2

9

42

43

Cabanas

Labor

María Areán Fernández e esposo

29, 30

2

4

10

42

44

Cabanas

Labor

María Areán Fernández e esposo

31

1

2

14

40

315

Gandariña

Prado

Santiago Luis Negral González

37

1

2

15

40

203

Folladas

Prado

Antonio Barredo Otero e esposa

38, 39

2

4

33

521

16

40

316

Porto

Prado

Antonio Barredo Otero e esposa

13

164

18

39

122

Rizola

Prado

Herdeiros de Avelino Moure Regal

42, 43, 44

1+1/2+1/2

4

18/1

39

123

Rizola

Prado

María Luisa Méndez Ferreirós

42

1/2

1

18/2

39

124

Rizola

Prado

Javier Taboada Rodríguez

43

1/2

1