DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 2025 Páx. 53432

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 30 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Ourense, polo que se notifican as resolucións ditadas en expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas (expediente 136541 e catorce máis).

Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, da resolución da súa solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do departamento territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa avenida de Zamora, núm. 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publícase para que conste e lles sirva de notificación aos/ás interesados/as en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos/das interesados/as que a resolución relacionada no anexo non esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Sanidade no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 122 da Lei 39/2015 citada.

Ourense, 30 de setembro de 2025

Laura López del Castillo
Directora territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIE/PAS

Data da resolución

136541

GE306324

6.8.2025

136544

YF150089

6.8.2025

137127

191571507

6.8.2025

137325

195135521

6.8.2025

138798

IZ1298329

6.8.2025

138742

BC463074

6.8.2025

139923

1750222852314

6.8.2025

138569

Z3066934B

6.8.2025

137130

BC394318

6.8.2025

138320

BF484569

13.8.2025

135205

BE936921

26.8.2025

138161

195824474

26.8.2025

139741

BE645268

26.8.2025

138099

RW7834920

26.8.2025

141699

A81879171

9.9.2025