Intentada a notificación ás persoas interesadas que se especifican no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver os expedientes de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícanselles por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Para tal efecto, os/as interesados/as poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias do departamento territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na rúa avenida de Zamora, núm. 13, 4ª planta, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.
Advírtese que, conforme o artigo 68.1 da dita Lei 39/2015, de non xuntaren os documentos que lles son requiridos no mencionado prazo, teranse por desistidos/as da súa petición.
Ourense, 30 de setembro de 2025
Laura López del Castillo
Directora territorial de Ourense
ANEXO
|
Nº de expediente |
DNI/NIE/PAS |
Data do requirimento |
|
140411 |
192570073 |
6.8.2025 |
|
140040 |
174586337 |
6.8.2025 |
|
138701 |
194208372 |
13.82025 |
|
140949 |
GD441358 |
29.8.2025 |
|
141466 |
195441741 |
29.8.2025 |
