DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 2025 Páx. 53429

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 29 de setembro de 2025, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se notifica o inicio e o trámite de audiencia ditados no expediente de reclamación en materia de enerxía eléctrica IN635A 2024/246-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á persoa interesada que se relaciona no anexo o inicio e o trámite de audiencia no expediente de reclamación, logo de ser intentada sen éxito a notificación.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria, sitas na avenida María Victoria Moreno, 43, 5º andar, en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Pontevedra, 29 de setembro de 2025

Beatriz López del Olmo
Directora territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2025/246-4.

NIF interesado: Y0700956.

Acto notificado: inicio.

Expediente de reclamación eléctrica: IN635A 2025/246-4.

NIF interesado: Y0700956.

Acto notificado: trámite de audiencia.