DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 2025 Páx. 53425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2025, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Ribeira (expediente IN407A 2024/247-1).

Expediente: IN407A 2024/247-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación do proxecto: Peche LMTS PMR814 entre o apoio 9DWDKBRF//44-31 e o CS Atalaia - 15CHPC.

Concello: Ribeira.

Feitos:

1. O día 19.7.2024, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de realizar un peche subterráneo na liña de media tensión (LMT) PMR814 (Corrubedo, 14) e dispoñer dunha configuración de rede en anel para un grupo de centros de transformación (CTs).

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado Peche LMTS PMR814 entre o apoio 9DWDKBRF//44-31 e o CS Atalaia-15CHPC, asinado o día 17.6.2024 por Rubén Fervenza Nicolás, enxeñeiro técnico industrial graduado en Enxeñaría Eléctrica, nº colexiado 4.684 de Vigo (COITIVigo).

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ao Concello de Ribeira como entidade afectada. No día desta resolución, non consta no expediente resposta á solicitude de informe.

4. O día 18.9.2025 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas na parroquia de Santa María de Corrubedo, concello de Ribeira, e as súas características técnicas son as seguintes:

– Reforma do CT Atalaia, de tensión nominal 20 kV. Retirarase o transformador e substituiranse as celas por tres de liña, converténdose desta maneira nun centro de seccionamento 3L en envolvente prefabricada, sen modificación da envolvente.

– Liña eléctrica de media tensión aérea, a 20 kV, cunha lonxitude de 170 m, coa orixe no apoio proxectado 1 de tipo C-1000-14 en substitución do 9DWDKBRF//44-31, condutor tipo LA-56 AVIF, e final no apoio existente 9DXQP7WL//44-33 de tipo C-3000-12.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, condutor de tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) cunha lonxitude de 726 m, coa orixe no apoio proxectado 1 de tipo C-1000-14 en substitución do 9DWDKBRF//44-31 e final en CS proxectado mediante reforma do CT Atalaia-15CHPC.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

1. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da dita instalación de distribución eléctrica.

2. As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) nº 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.

3. A execución do tramo da LMTA debe coordinarse coas actuacións aprobadas no expediente IN407A 2022/220-1 e deberase presentar no CFO plano coa situación final da liña.

4. Para a posta en explotación da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude coa cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento, e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas na montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

5. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao interesado, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 19 de setembro de 2025

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña