A xefa do Servizo de Patrimonio Cultural de Ourense ditou, o 9 de xullo de 2025, proposta de resolución do procedemento sancionador que se indica, por infracción tipificada na Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (LPCG). Intentada a notificación persoal deste acordo, non foi posible a súa práctica.
Por este anuncio, e segundo dispoñen os artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase a persoa interesada que se indica no anexo para ser notificada por comparecencia do acto cuxo contido se indica. A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Patrimonio Cultural, na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, sita na avenida de La Habana, núm. 79, 3º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, en Ourense.
A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no dito taboleiro de edictos único. Transcorrido o prazo sinalado sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo.
Ourense, 26 de setembro de 2025
María Orlindes Montes Roces
Xefa do Servizo de Patrimonio Cultural de Ourense
ANEXO
Procedemento sancionador: S-O-03.25 Ourense (Ourense).
DNI/CIF da persoa interesada: 18467659Q.
Acto notificado: proposta de resolución de procedemento sancionador.
