DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 2025 Páx. 53312

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2025 pola que se conceden as axudas ás solicitudes que figuran como suplentes na modalidade C: proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente na Resolución do 31 de xullo de 2025, pola que se conceden as axudas da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (códigos de procedementos ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, por medio da Orde do 26 de decembro de 2024 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro de 2025), estableceu as bases reguladoras e convocou, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia (SUG), nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i.

Pola Resolución do 31 de xullo de 2025 concedéronse as axudas da Orde do 26 de decembro de 2024 citada. Nesa resolución recolléronse, por orde de prioridade, as solicitudes que foron consideradas como suplentes nas modalidades A, B e C e que configuran as correspondentes listas de agarda.

Pola Orde do 11 de setembro de 2025 (DOG núm. 180, do 18 de setembro) incrementouse o crédito disposto para a modalidade C: proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente das axudas da Axencia Galega de Innovación na Orde do 26 de decembro de 2024, tendo en conta que esta modalidade de axuda é a que ten menor dotación económica na convocatoria e que ademais interesa impulsar os seus grupos de investigación, xa que se trata de investigadores/as cunha traxectoria excelente que previamente foron avaliados positivamente nunha convocatoria de concorrencia competitiva de ámbito nacional, o que lles permitiu incorporarse aos organismos de investigación de Galicia.

O importe total do citado incremento foi de 567.902,24 €, consignados na aplicación orzamentaria 07.A2.561A.781.0, código de proxecto 2015 00016 coa seguinte desagregación por anos:

Modalidade

Aplicación

orzamentaria

Crédito (en euros)

2025

2026

2027

2028

2029

Total

Mod. C) Proxectos de excelencia-Liña traxectoria emerxente

07.A2.561A.781.0

2015 00016

68.463,00

124.820,81

124.716,81

124.959,81

124.941,81

567.902,24

A competencia para resolver estas axudas correspóndelles conxuntamente, por delegación da persoa titular da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e da persoa titular da presidencia da Axencia Galega de Innovación (Gain), á persoa titular da Secretaría Xeral de Universidades e a persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación, de acordo co establecido no artigo 12 da Orde do 26 de decembro de 2024.

De acordo coa Resolución do 31 de xullo de 2025 e tendo en conta a ampliación do crédito da Orde do 11 de setembro de 2025 e o establecido nas bases da Orde do 26 de decembro de 2024,

RESOLVEMOS:

Primeiro. Redistribuír os créditos da aplicación orzamentaria 07.A2.561A.781.0 nas aplicacións orzamentarias que se indican a continuación, para poder atender as solicitudes que figuran como suplentes na modalidade C-proxectos de persoal con traxectoria excelente (procedemento IN607D) da Resolución do 31 de xullo de 2025, conforme o disposto no artigo 19 da convocatoria e ao artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia:

Modalidade

Aplicación

orzamentaria

Crédito (en euros)

2025

2026

2027

2028

2029

Total

Mod. C) Proxectos de excelencia/liña traxectoria emerxente

07.A2.561A.743.28

2015 00016

15.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

115.000,00

07.A2.561A.703.0

2015 00016

23.463,00

49.820,81

49.716,81

49.959,81

49.941,81

222.902,24

07.A2.561A.743.05

2015 00016

30.000,00

50.000,00

50.000,00

50.000,00

50.000,00

230.000,00

Total

68.463,00

124.820,81

124.716,81

124.959,81

124.941,81

567.902,24

Segundo. Concederlles ás entidades que a seguir se relacionan (con indicación da persoa coordinadora do grupo destinatario) as axudas ás solicitudes que figuran como suplentes na modalidade C: proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente (procedemento IN607D), na Resolución do 31 de xullo de 2025, pola que se conceden as axudas da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2025 (códigos de procedementos ED431C, IN607A, ED431B, IN607B, ED431F e IN607D).

Modalidade C: proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente-liña emerxente.

Nº expediente

Apelidos

Nome

Entidade

Aplicación

orzamentaria

Importe

2025 (€)

Importe 2026 (€)

Importe 2027( €)

Importe 2028 (€)

Importe 2029 (€)

Total (€)

IN607D-2025-07

Bertucci

Juan Ignacio

CSIC-IEO Vigo

07.A2.561A.703.0

2015 00016

8.470,00

24.999,81

24.999,81

24.999,81

24.999,81

108.469,24

IN607D-2025-12

Orosa Nogueira

Lois

Cesga

07.A2.561A.743.05

2015 00016

15.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

115.000,00

IN607D-2025-11

Ouro Barba

Pablo

Cesga

07.A2.561A.743.05

2015 00016

15.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

115.000,00

IN607D-2025-08

Prats Alegre

Sergio

CSIC-MBG

07.A2.561A.703.0

2015 00016

14.993,00

24.821,00

24.717,00

24.960,00

24.942,00

114.433,00

IN607D-2025-03

Vázquez Agra

Néstor

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela

07.A2.561A.743.28

2015 00016

15.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

25.000,00

115.000,00

Terceiro. De acordo co artigo 14 da Orde de 26 de decembro de 2024, a subvención será librada á entidade beneficiaria á que pertenza o grupo ou o persoal investigador, conforme a resolución de concesión e de acordo coa normativa vixente.

As entidades beneficiarias deberán aceptar a subvención no prazo de 10 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da súa publicación de concesión e deberán presentar a reelaboración do seu orzamento de acordo aos importes concedidos, de ser o caso.

Para poder proceder ao libramento dos fondos será preciso que a entidade beneficiaria remita a documentación que se detalla nese artigo 14 nas datas indicadas nel.

Cuarto. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou na demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é o caso, se establezan na resolución da concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes.

Quinto. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 19 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia,
Universidades e Formación Profesional

P.D. (Artigo 12 da Orde do 26.12.2024)

José Alberto Díez de Castro

Secretario xeral de Universidades

O conselleiro de Educación, Ciencia,

Universidades e Formación Profesional e

presidente da Axencia Galega de Innovación

P.D. (Artigo 12 da Orde do 26.12.2024)

Carmen Cotelo Queijo

Directora da Axencia Galega de Innovación