DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 2025 Páx. 53326

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 7 de outubro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se fai pública a convocatoria ordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido nos artigos 27 e 28 do Decreto 111/2015, do 6 de agosto, polo que se aproba o Regulamento de organización e de funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, coa conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Facer pública a convocatoria ordinaria da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, que terá lugar o día 14 de novembro de 2025 en Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 7 de outubro de 2025

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración