DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Luns, 13 de outubro de 2025 Páx. 53327

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025, conxunta da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, pola que se adxudican as axudas da Resolución do 18 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a apoiar as misións de especialización intelixente de Galicia, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (código de procedemento IN856C).

Mediante a Resolución do 20 de novembro de 2024, conxunta da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, adxudicáronse as axudas da Resolución do 18 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas destinadas a apoiar as misións de especialización intelixente de Galicia, no marco da Estratexia de especialización intelixente de Galicia RIS3 2021-2027, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 (DOG número 230, do 28 de novembro).

Tal como consta no anexo II desa resolución, a solicitude presentada por Maquinaria Agrícola Cancela, S.L.U. para o proxecto con código de expediente IN856C 2024/10 e acrónimo H2RCV foi desestimada por non acadar os 60 puntos que exixe o artigo 29.2 das bases reguladoras da axuda. No anexo III desa resolución consta que a solicitude de Aptadegrad, S.L. para o proxecto con código e expediente IN856C 2024/08 e acrónimo Lyctus foi inadmitida por non cumprir as porcentaxes de participación dos proxectos, isto é, que ningún membro do consorcio pode contar cun orzamento individual inferior ao 10 % do custo total subvencionable, tal como establece o artigo 3.2 das bases reguladoras da axuda.

Contra a Resolución do 20 de novembro de 2024, conxunta da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades Maquinaria Agrícola Cancela, S.L., líder do proxecto H2RCV e Aptadegrad, S.L., líder do proxecto Lyctus, presentaron un recurso de alzada. Estes recursos foron presentados dentro do prazo concedido e cumpren todos os requisitos do artigo 115 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa tramitación como recurso de alzada.

Mediante a Resolución do 5 de maio de 2025 das persoas titulares das presidencias da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica, á vista do acordado na Comisión de Selección realizada o 24 de abril de 2025, foron estimados os mencionados recursos de alzada e retrotraéronse as actuacións.

Conforme o establecido na convocatoria, os xestores técnicos da Axencia Galega de Innovación e do Instituto Galego de Promoción Económica avaliaron os proxectos, atendendo aos criterios e ao procedemento establecidos nos artigos 28 e 29 das bases reguladoras da axuda.

Consonte o artigo 27 das bases reguladoras da axuda, a Comisión de Selección é o órgano colexiado encargado de seleccionar as solicitudes, de acordo coa avaliación realizada.

A Comisión de Selección, reunida o día 28 de maio de 2025, vistas as avaliacións dos xestores técnicos e dado que as solicitudes de axuda cumpren as condicións administrativas e técnicas para adquirir a condición de beneficiario, acordou propor para a concesión da axuda o proxecto titulado Plataforma robotizada de trituración baseada en H2 verde, con acrónimo H2RCV e código de procedemento IN856C 2024/10, e o proxecto titulado Desenvolvemento de degradadores de proteínas en enfermidades neurolóxicas, con acrónimo Lyctus e código de procedemento IN856C 2024/08.

A competencia para resolver estas axudas correspóndelle conxuntamente á persoa titular da Dirección da Axencia Galega de Innovación e á persoa titular do Instituto Galego de Promoción Económica, segundo o establecido no artigo 31.1 das bases reguladoras da axuda.

Unha vez realizada a instrución do procedemento, á vista dos acordos recollidos na acta da Comisión de Selección realizada o 28 de maio de 2025 e da proposta do director da Área de Xestión da Axencia Galega de Innovación e do director da Área de Competitividade do Instituto Galego de Promoción Económica,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder as axudas aos proxectos que figuran como anexo I desta resolución con cargo ás aplicacións orzamentarias 07.A2.561A.743.28, 07.A2.561A.770.0 e 05.A1.741A.770.0.

As axudas desta convocatoria están cofinanciadas pola Unión Europea ao abeiro do programa Galicia Feder 2021-2027, obxectivo político OP1. Unha Europa máis competitiva e intelixente, promovendo unha transformación económica innovadora e intelixente e unha conectividade rexional ás tecnoloxías da información e da comunicación, nas seguintes prioridades, obxectivos específicos e liñas de actuación:

• Prioridade 1. A transición dixital e intelixente; obxectivo específico: RSO 1.1. Desenvolver e mellorar as capacidades de investigación e innovación e asimilar tecnoloxías avanzadas; liña de actuación L.A.1.1.02. Apoio para impulsar a definición e implantación de proxectos transformadores e de impacto en cadeas de valor estratéxicas no marco da S3 (misións) mediante a colaboración e transferencia entre os diferentes axentes do Sistema rexional de innovación.

• Prioridade 1. A transición dixital e intelixente; obxectivo específico: RSO 1.3. Reforzar o crecemento sostible e a competitividade das pemes e a creación de postos de traballo nestas empresas, tamén mediante investimentos produtivos; liña de actuación L.A.1.3.01. Apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial, para promover o crecemento sostible, a competitividade e a creación e mantemento do emprego.

Respecto aos tipos de intervención, nestas liñas prevense os seguintes:

• 028. Transferencia de tecnoloxía e cooperación entre empresas, centros de investigación e o sector do ensino superior.

• 021. Desenvolvemento empresarial e internacionalización das pemes, incluído o investimento produtivo.

Segundo. Imputar as axudas propostas ás aplicacións orzamentarias 07.A2.561A.743.28, 07.A2.561A.770.0 e 05.A1.741A.770.0 nas cales existe crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2025.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor un recurso de alzada ante a persoa titular da Presidencia da Axencia Galega de Innovación e/ou, de ser o caso, ante a persoa titular da Presidencia do Instituto Galego de Promoción Económica no prazo dun mes, que comeza a contar a partir do día seguinte a que se publique esta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2025

Carmen Cotelo Queijo

Directora da Axencia
Galega de Innovación

Covadonga Toca Carús

Directora do Instituto Galego
de Promoción Económica

ANEXO I

Solicitudes concedidas

Expediente

Título do proxecto

Acrónimo do proxecto

Misión

Puntos

Orzamento

(€)

%

Subvención

(€)

2025 (€)

2026 (€)

2027 (€)

IN856C 2024/08

Desenvolvemento de degradadores de proteínas en enfermidades neurolóxicas

Lyctus

3

66

1.196.141,63

627.498,88

257.695,46

191.980,34

177.823,08

Desagregación por entidade beneficiaria

NIF

Empresa solicitante

Actividade

Orzamento

(€)

%

Subvención (€)

2025 (€)

2026 (€)

2027 (€)

B09800905

Aptadegrad, S.L.

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s cun organismo de investigación e difusión que asume, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables, e ten o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

351.000,00

60

210.600,00

104.550,00

65.700,00

40.350,00

Investimento produtivo para pemes

270.000,00

35

94.500,00

14.000,00

29.750,00

50.750,00

Total

621.000,00

305.100,00

118.550,00

95.450,00

91.100,00

B27498146

AMS Biopharma Laboratory, S.L.

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s cun organismo de investigación e difusión que asume, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables, e ten o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

195.464,84

60

117.278,91

41.924,14

35.958,77

39.396,00

Investimento produtivo para pemes

51.244,43

35

17.935,55

17.935,55

0,00

0,00

Total

246.709,27

135.214,46

59.859,69

35.958,77

39.396,00

B09628991

Diversa Technologies, S.L.

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s cun organismo de investigación e difusión que asume, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables, e ten o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

91.918,58

60

55.151,15

25.314,26

15.541,08

14.295,81

Investimento produtivo para pemes

39.500,00

35

13.825,00

0,00

8.979,48

4.845,52

Total

131.418,58

68.976,15

25.314,26

24.520,56

1.9141,33

G15796683

Fundación Pública Galega Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela-FIDIS

Investigación industrial con colaboración efectiva entre empresa/s cun organismo de investigación e difusión que asume, como mínimo, o 10 % dos custos subvencionables, e ten o organismo dereito a publicar os resultados da súa propia investigación

197.013,78

60

118.208,27

53.971,51

36.051,01

28.185,75

Investimento produtivo para pemes

0,00

0

0,00

0,00

0,00

0,00

Total

197.013,78

118.208,27

53.971,51

36.051,01

28.185,75

Expediente

Título do proxecto

Acrónimo do proxecto

Misión

Puntos

Orzamento

(€)

%

Subvención

(€)

2025 (€)

2026 (€)

2027 (€)

IN856C 2024/10

Plataforma robotizada de trituración baseada en H2 verde

H2RCV

2

60,18

3.723.308,04

1.638.298,46

812.028,72

505.495,79

320.773,95

Desagregación por entidade beneficiaria

NIF

Empresa solicitante

Actividade

Orzamento

(€)

%

Subvención (€)

2025 (€)

2026 (€)

2027 (€)

B15549744

Maquinaria Agrícola

Cancela, S.L.

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas

1.233.179,11

50

616.589,56

355.834,58

159.471,83

101.283,15

Investimento produtivo para pemes

0,00

0

0,00

0,00

0,00

0,00

Total

1.233.179,11

616.589,56

355.834,58

159.471,83

101.283,15

B72775505

TMC Cancela Mulching

Solutions, S.L.

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas

336.735,65

50

168.367,83

6.621,87

102.215,64

59.530,32

Investimento produtivo para pemes

1.253.414,00

25

313.353,50

266.926,75

46.426,75

0,00

Total

1.590.149,65

481.721,33

273.548,62

148.642,39

59.530,32

B36624088

Neuwalme, S.L.U.

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas

508.208,82

60

304.925,30

120.426,02

104.042,13

80.457,15

Investimento produtivo para pemes

0,00

0

0,00

0,00

0,00

0,00

Total

508.208,82

304.925,30

120.426,02

104.042,13

80.457,15

B72647068

LMB Twice, S.L.

Desenvolvemento experimental con colaboración efectiva entre empresas

391.770,46

60

235.062,27

62.219,50

93.339,44

79.503,33

Investimento produtivo para pemes

0,00

0

0,00

0,00

0,00

0,00

Total

391.770,46

235.062,27

62.219,50

93.339,44

79.503,33