DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 2025 Páx. 53905

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2025 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio (proba de lingua galega) do proceso selectivo para cubrir unha praza na categoría profesional técnico/a superior de linguas modernas, perfil galego-portugués, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 6 de maio de 2025 (DOG do 19 de maio e BOE do 16 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a superior de linguas modernas, perfil galego-portugués, pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 26 de agosto de 2025 (DOG do 5 de setembro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada lista definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado.

Terceiro. Convocar a persoa aspirante admitida e que non está exenta deste exercicio, para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición (proba de lingua galega), o día 5 de decembro de 2025, ás 10.00 horas, na Sala de Reunións do Departamento de Fisioloxía Animal da Facultade de Farmacia (avenida de Vigo, s/n, Campus Vida, 15782 Santiago de Compostela).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal, no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mencionado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela