DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Martes, 14 de outubro de 2025 Páx. 53907

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025 pola que se aproba e se fai pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e se convocan as persoas aspirantes á realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para cubrir unha praza da categoría profesional de técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 7 de maio de 2025 (DOG do 20 de maio e BOE do 16 de xuño), convocáronse probas selectivas para cubrir unha praza da categoría profesional técnico/a especialista de investigación, especialidade bioloxía, grupo III, pola quenda de acceso libre, vacante no cadro de persoal laboral.

Mediante a Resolución reitoral do 26 de agosto de 2025 (DOG do 5 de setembro), aprobouse a relación provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas nas mencionadas probas selectivas, e fixouse un prazo para emendar os defectos que motivaron a exclusión ou omisión.

Rematado o dito prazo e consonte o establecido na base 4.4 da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e excluídas ás citadas probas.

Segundo. Indicar que a citada listaxe definitiva está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web: https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Terceiro. Convocar as persoas aspirantes admitidas e que non están exentas deste exercicio, para a realización do primeiro exame da fase de oposición (proba de galego) o día 16 de decembro de 2025, ás 10.00 horas, na Sala de Xuntas do Departamento de Fisioloxía na Facultade de Bioloxía (rúa de Lope Gómez de Marzoa, 15, 15705 Santiago de Compostela, A Coruña).

A publicación dos sucesivos anuncios de realización dos demais exercicios efectuaraa o tribunal no taboleiro electrónico da universidade e na páxina web:

https://www.usc.gal/gl/institucional/goberno/area/xestionpersoal/PAS/oep/listado

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2025

Antonio López Díaz
Reitor da Univesidade de Santiago de Compostela