DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54645

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e na categoría de médico/a coordinador/a do 061, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022.

Mediante as resolucións desta dirección xeral do 14 de decembro de 2022 (DOG núm. 3, do 4 de xaneiro de 2023) realizáronse as convocatorias, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e na categoría de médico/a coordinador/a do 061.

Así mesmo, mediante as resolucións desta dirección xeral do 4 de abril de 2025 (DOG núm. 69, do 9 de abril), do 15 de abril de 2025 (DOG núm. 77, do 23 de abril) e do 20 de xuño de 2025 (DOG núm. 123, do 30 de xuño), publicouse o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para o ingreso en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e de persoal licenciado sanitario, convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022.

A base 10.4 das resolucións de convocatoria prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso, se cubrirá a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Realizados os procesos de elección de destino das categorías/especialidades en que resultaron prazas vacantes logo das resolucións de nomeamento do 4 e 15 de abril de 2025 e do 20 de xuño de 2025, e ao abeiro das resolucións do 14 de decembro de 2022, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas neste proceso extraordinario de estabilización polo sistema de concurso-oposición, e segundo o que establece a base 10.4 das resolucións de convocatoria, realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes en cada unha das seguintes categorías/especialidades á/ás nova/s persoa/s aspirante/s incluída/s inmediatamente a continuación pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso:

• Facultativo/a especialista en Medicina Interna.

• Facultativo/a especialista en Oncoloxía Médica.

• Facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas.

• Facultativo/a especialista en Psiquiatría.

• Médico/a coordinador/a 061.

De acordo coa convocatoria, quedaron sen efecto todas as actuacións dos/das aspirantes seleccionados/as que, no prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionaron os destinos que se ofertaron pola orde de prelación que consideraron, non resultaron adxudicatarios/as de ningún destino polo que optaron ou renunciaron á dita elección.

Tamén se recolle na base novena que as persoas aspirantes que dentro do prazo fixado non presentasen a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo, non poderán ser nomeadas persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

As actuacións destas persoas aspirantes no concurso-oposición quedan anuladas e decaen en todos os dereitos derivados da súa participación.

Segundo. Nomear como persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde, en diversas especialidades da categoría de facultativo/a especialista de área e na categoría de médico/a coordinador/a do 061, as persoas aspirantes que se inclúen no anexo I desta resolución.

Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no referido anexo I.

Terceiro. Declarar finalizados os procesos selectivos para o ingreso, polo sistema de concurso-oposición, nas seguintes categorías/especialidades de persoal licenciado sanitario convocados polas resolucións do 14 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na base 10.4 da resolución de convocatoria para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso:

• Facultativo/a especialista en Medicina Interna.

• Facultativo/a especialista en Oncoloxía Médica.

• Facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas.

• Facultativo/a especialista en Psiquiatría.

• Médico/a coordinador/a 061.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento do seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas levará aparellado o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio, e nun prazo non superior aos seis meses contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero, que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO I

Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

Facultativo/a especialista en Medicina Interna

***8821**

BRAVO BLAZQUEZ, IRIA

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

Barco de Valdeorras, O

-

Facultativo/a especialista en Oncoloxía Médica

***6742**

SACRISTAN SANTOS, VICTOR

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Ferrol

-

Facultativo/a especialista en Pediatría e as súas áreas específicas

***4322**

RODRIGUEZ GONZALEZ, LUCIA

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Hospital Público de Monforte

Monforte de Lemos

-

***5427**

SOBRINO BALADRON, ADOLFO

A.S. de Ferrol

Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

Ferrol

-

Facultativo/a especialista en Psiquiatría

***0076**

MERCADER CARRION, VICTORIA EUGENIA

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Hospital Público da Barbanza

Ribeira

-

Médico/a coordinador/a 061

***3461**

MORATO RAMOS, INES

Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061

Fundación Pública de Urxencias Sanitarias de Galicia-061-A Estrada

Estrada, A

-

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.