DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54650

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se procede ao nomeamento como persoal estatutario fixo e á adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas nos procesos selectivos, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de albanel, fontaneiro/a, persoal técnico superior en prevención de riscos laborais, persoal técnico superior-psicólogo/a, pinche e traballador/a social, convocados polas resolucións do 26, 27 e 28 de decembro de 2022.

Mediante as resolucións desta dirección xeral do 26, 27 e 28 de decembro de 2022 (Diario Oficial de Galicia núm. 4, do 5 de xaneiro de 2023), realizouse a convocatoria excepcional, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso nas categorías de albanel, fontaneiro/a, persoal técnico superior en prevención de riscos laborais, persoal técnico superior-psicólogo/a, pinche e traballador/a social.

Así mesmo, mediante a Resolución do 27 de maio de 2025 (Diario Oficial de Galicia núm. 108, do 9 de xuño) publicáronse o nomeamento e a adxudicación de destino definitivo das persoas aspirantes seleccionadas no proceso selectivo, polo sistema de concurso de méritos, para o ingreso en diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos.

A base 10.4 das resolucións de convocatoria prevé que, co fin de asegurar a cobertura das prazas convocadas, no suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso, se cubrirá a baixa coa persoa aspirante incluída inmediatamente a continuación na relación de seleccionadas, pola orde de prelación que resulte da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso.

Realizado o proceso de elección de destino das prazas que resultaron prazas vacantes, logo da Resolución de nomeamento do 27 de maio de 2025, e ao abeiro das resolucións do 26, 27 e 28 de decembro de 2022, esta dirección xeral, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Coa finalidade de asegurar a cobertura das prazas convocadas neste proceso extraordinario de estabilización polo sistema de concurso de méritos, e segundo o que establece a base 10.4 das resolucións de convocatoria, realizouse a oferta das prazas que resultaron vacantes en cada unha das seguintes categorías á/ás nova/s persoa/s aspirante/s incluída/s inmediatamente a continuación, pola orde de prelación que resultou da lista definitiva, con independencia da quenda de acceso:

• Albanel.

• Fontaneiro/a.

• Persoal técnico superior en prevención de riscos laborais.

• Persoal técnico superior-psicólogo/a.

• Pinche.

• Traballador/a social.

De acordo coa convocatoria, quedaron sen efecto todas as actuacións dos/das aspirantes seleccionados/as que, no prazo e conforme o procedemento establecido, non seleccionaron os destinos que se ofertaron pola orde de prelación que consideraron, non resultaron adxudicatarios/as de ningún destino polo que optaron ou renunciaron á dita elección.

Tamén se recolle na base novena que as persoas aspirantes que, dentro do prazo fixado, non presenten a documentación ou do exame dela se deduza que carecen dalgún dos requisitos para participar neste proceso selectivo, non poderán ser nomeados/as persoal estatutario fixo e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

As actuacións destas persoas aspirantes no concurso de méritos quedan anuladas e decaen en todos os dereitos derivados da súa participación.

Segundo. Nomear persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde nas categorías de albanel, fontaneiro/a, persoal técnico superior en prevención de riscos laborais, persoal técnico superior-psicólogo/a, pinche e traballador/a social as persoas aspirantes que se inclúen no anexo desta resolución, logo de acreditaren o cumprimento dos requisitos establecidos e de realizaren a elección de destino segundo o previsto nas bases 9 e 10 das convocatorias do proceso selectivo.

Adxudicarlles aos/ás ditos/as aspirantes, con carácter de destino definitivo, a praza que figura no indicado anexo.

Terceiro. Declarar finalizado o proceso selectivo para o ingreso, polo sistema de concurso de méritos, nas categorías de albanel, fontaneiro/a, persoal técnico superior en prevención de riscos laborais, persoal técnico superior-psicólogo/a, pinche e traballador/a social, convocado polas resolucións do 26, 27 e 28 de decembro de 2022, sen prexuízo do previsto na base 10.4 da resolución de convocatoria para o suposto de situacións en que as persoas seleccionadas, por diversos motivos, non continúen no proceso.

Cuarto. Os/as aspirantes nomeados/as disporán do prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para incorporarse á praza adxudicada. A toma de posesión da praza efectuarase no centro de xestión ao cal pertenza esta.

A falta de incorporación no prazo referido, cando sexa imputable ao/á interesado/a e non responda a causas xustificadas, producirá o decaemento no seu dereito a obter a condición de persoal estatutario fixo como consecuencia do concreto proceso selectivo.

No entanto, en casos de forza maior, e por instancia da persoa interesada, a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde poderá prorrogar o prazo de toma de posesión. A incorporación ás prazas adxudicadas comportará o cesamento do persoal temporal que, se é o caso, as ocupe, de acordo cos criterios de incorporación e cesamento vixentes.

Quinto. De conformidade coa disposición adicional segunda do Decreto 70/2017, do 13 de xullo, polo que se regula a formación en igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero do persoal ao servizo da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, como condición para o perfeccionamento do nomeamento que se expida, os/as aspirantes seleccionados/as deberán realizar, con carácter obrigatorio e nun prazo non superior aos seis meses, contados desde a data de publicación do correspondente nomeamento como persoal estatutario fixo no Diario Oficial de Galicia, as actividades formativas para a obtención do nivel básico de coñecemento en materia de igualdade de xénero e prevención e loita contra a violencia de xénero que recolle o artigo 157 da Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.

Non terán que realizar esta actividade formativa os/as aspirantes seleccionados/as que a realizasen con anterioridade, se consta rexistrada en Fides/expediente-e e foi debidamente validada.

Sexto. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta dirección, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente, na xurisdición contencioso-administrativa, nos termos da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025

María del Mar Pousa Cobas
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO
Relación definitiva de adxudicatarios/as e destinos

Albanel

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***1815**

Losada López, Jesús

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

A.S. de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos

Lugo

-

Fontaneiro/a

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***3398**

Vázquez de la Fuente, José Ramón

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Hospital Público de Valdeorras

Barco de Valdeorras, O

-

Persoal técnico superior en prevención de riscos laborais

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***9338**

De Castro-Acuña Vidal, Fernando

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ourense

-

Pinche

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***5075**

Pérez García, María Luisa

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

A.S. de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras

Ourense

-

***1754**

Varela Varela, María Raquel

A.S. da Coruña e Cee

A.S. da Coruña e Cee

Coruña, A

-

Persoal técnico superior-psicólogo/a

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***8805**

Gómez Salgado, Patricia

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde-Acis

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde-Acis

Santiago de Compostela

-

Traballador/a social

DNI

Apelidos e nome

Centro directivo

Centro

Concello

Quenda

***0963**

Guldrís Fuentes, Carlos Daniel

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

A.S. de Santiago de Compostela e Barbanza

Santiago de Compostela

-

(*) Ocúltase parcialmente o número de documento nacional de identidade para preservar os datos de carácter persoal, de acordo coa Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro.