BDNS (Identif.): 849749.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións:
https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/849749
Primeiro. Ampliación da dotación orzamentaria
Amplíase a dotación orzamentaria determinada na Orde do 24 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co Instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2022, na aplicación orzamentaria 15.04.712B 772.0 (CP 2021 00157), por importe de 3.225.000 euros na anualidade de 2025.
Unha vez efectuada esta ampliación, a dotación orzamentaria total é de 3.625.000 euros.
Segundo. Prazo de solicitudes
A ampliación prevista no artigo 1 desta orde non afecta o prazo de presentación de solicitudes establecido na Orde do 24 de xullo de 2025.
Santiago de Compostela, 16 de outubro de 2025
María José Gómez Rodríguez
Conselleira do Medio Rural
