DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54506

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería do Mar

ORDE do 13 de outubro de 2025 pola que se dispón o cesamento dun membro do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e constitución do seu Consello de Administración, e o artigo 4.1 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento, que a consellería competente en materia de pesca designará catro vogais. O artigo 4.3 do antedito decreto dispón que a duración dos cargos de vogais será de catro anos e poderán ser reelixidos por períodos iguais. Pola súa banda, o artigo 5 do Decreto 41/2005 dispón que os vogais nomeados por proposta da Administración autonómica poderán ser separados pola consellería competente en materia de pesca.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

O cesamento de Lino Sexto Bermúdez como vogal do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025

Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar