A Lei 3/2004, do 7 de xuño, de creación do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia, establece no seu artigo 7 o carácter e constitución do seu Consello de Administración, e o artigo 4.1 do Decreto 41/2005, do 17 de febreiro, do seu regulamento, que a consellería competente en materia de pesca designará catro vogais entre o persoal ao servizo da Administración autonómica, que deberán ser persoal funcionario ou persoal laboral fixo. O artigo 4.3 do antedito decreto dispón que a duración dos cargos de vogais será de catro anos e poderán ser reelixidos por períodos iguais.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O nomeamento de Juan Carlos Codesido Vilar como vogal do Consello de Administración do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de outubro de 2025
Marta Villaverde Acuña
Conselleira do Mar
