DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54508

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2025 pola que se resolve o concurso Eduemprende Idea 2025, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, convocado pola Orde do 30 de decembro de 2024 (Diario Oficial de Galicia do 10 de febreiro).

A Orde do 30 de decembro de 2024 (DOG do 10 de febreiro) pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2025 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos, establece as bases e o procedemento para a adxudicación dos premios nas modalidades A e B.

Unha vez realizada a valoración dos proxectos de empresa presentados pola Comisión Avaliadora, designada conforme o procedemento establecido na orde de convocatoria, publicada a proposta provisional de adxudicación dos premios para as modalidades A e B da convocatoria, vista a acta coa proposta definitiva da Comisión Avaliadora e a correspondente proposta da directora xeral de Formación Profesional sobre a concesión destes premios,

DISPOÑO:

Primeiro. Concederlles os premios aos proxectos de empresa seleccionados no concurso Eduemprende Idea 2025, nas modalidades A e B, que figuran no anexo desta orde.

Segundo. Contra esta orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da data de publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente mediante recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, segundo establece o artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2025

O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
P.D. (Orde do 30.12.2024; DOG núm. 27, do 10 de febreiro)
Mª Eugenia Pérez Fernández
Directora xeral de Formación Profesional

ANEXO I

Modalidade A: ciclos de grao superior e cursos de especialización

Proxecto

Centro

Premio

Importe

Ourizo-Play room garden

CIFP Politécnico de Santiago

Primeiro premio

3.000,00 €

Areas do Atlántico

CIFP Fontecarmoa

Segundo premio

2.000,00 €

Wormprot, S.L.

IES A Sardiñeira

Terceiro premio

1.000,00 €

Modalidade B: ciclos de grao básico e grao medio

Proxecto

Centro

Premio

Importe

Armony-Outpick

IES Chan do Monte

Primeiro premio

3.000,00 €

Arrumaco

CIFP Montecelo

Segundo premio

2.000,00 €

Fundación agroecolóxica inclusiva Aldea viva

IES da Pobra do Caramiñal

Terceiro premio

1.000,00 €