DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54510

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se designan os membros e se fai pública a composición da Comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024/25.

A Orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 11 de setembro de 2025, pola que se convocan os premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024/25 (DOG núm. 183, do 23 de setembro), establece no seu artigo 13 que para valorar os méritos das persoas participantes, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará unha comisión formada por un presidente ou unha presidenta, e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de educación.

De conformidade co establecido no citado artigo 13 e na disposición derradeira segunda da citada Orde do 11 de setembro de 2025, esta dirección xeral

RESOLVE:

Designar os membros da Comisión de Selección que valorará os méritos das persoas candidatas aos premios de educación secundaria obrigatoria ao esforzo e á superación persoal correspondentes ao curso 2024/25, que é a que figura a seguir:

– Titulares:

Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.

Vogais:

Genoveva Carmen Ferreiro Pumariño, inspectora de educación.

José Fernando Carrasco Mera, inspector de educación.

María Teresa Vázquez Montes, inspectora de educación.

– Suplentes:

Presidenta: Branca Nazaré Guerreiro Muñoz, inspectora de educación.

Vogais:

Benigno Sánchez Vales, inspector de educación.

Patricia Gens Autrán, inspectora de educación.

María Elena Urtiaga Estévez, inspectora de educación.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025

Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa