A Orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional do 10 de setembro de 2025, pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior da Comunidade Autónoma de Galicia correspondentes ao curso 2023/24 (Diario Oficial de Galicia núm. 182, do 22 de setembro), establece no seu artigo 11 que, para a selección, análise e valoración das solicitudes, a persoa titular da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa designará un xurado de selección composto por un presidente ou unha presidenta e ata un máximo de seis vogais, coa categoría de subdirector/a xeral, xefe/a de servizo ou inspectores e inspectoras de Educación.
De conformidade co establecido no citado artigo 11 e na disposición derradeira segunda da citada Orde do 10 de setembro de 2025,
RESOLVO:
Designar os membros do xurado de selección que deberá seleccionar, analizar e valorar as solicitudes das persoas aspirantes aos premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2023/24 e facer pública a súa composición, que é a que figura a seguir:
– Titulares:
Presidente: Manuel Enrique Prado Cueva, subdirector xeral de Inspección e Avaliación do Sistema Educativo.
Vogais:
• Jesús Manuel Rodríguez Buján, subdirector xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional.
• José Antonio Jardón Bahía, xefe de servizo de Xestión da Formación Profesional.
• Manuel Guerra Fernández, inspector de Educación.
– Suplentes:
Presidenta: Cristina Lesta Íñiguez, subdirectora xeral de Innovación Profesional e Coordinación co Sistema Produtivo.
Vogais:
• Antía Tuñas Caamaño, xefa de servizo de Coordinación co Sistema Produtivo.
• Pablo Otero Pérez, xefe de servizo de Orientación e Innovación Profesional.
• Juan Manuel Paz Valle, xefe de servizo de Planificación e Coordinación da Inspección Educativa.
Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025
Judith Fernández Novoa
Directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa
