DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54514

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2025, da Dirección Xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2025 (códigos de procedemento TR802H e TR358D).

En cumprimento do disposto no artigo 10.1 da Orde do 26 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas de cooperativas, sociedades laborais, centros especiais de emprego e empresas de inserción, e se convocan para o ano 2025 (DOG núm. 23, do 4 de febreiro), resolvo que se proceda á publicación das subvencións concedidas que se indican no anexo, cun importe total de 330.000,00 euros, con cargo á aplicación 14.04.324C.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o exercicio 2025.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2025

Marta Mariño Regueiro
Directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social

ANEXO

Programa I: Fomento e consolidación das asociacións de cooperativas e de sociedades laborais.

Aplicación: 14.04.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía

Agrupación Empresarial de Sociedades Laborais de Galicia-Aesgal

12.341,71

Unión de Cooperativas Espazocoop

100.000,00

Ucogatra Unión de Cooperativas

17.658,29

Unión de Cooperativas Asociación Galega de Cooperativas Agrarias-Agaca

100.000,00

Programa II: Fomento e consolidación das asociacións de centros especiais de emprego e de empresas de inserción.

Aplicación: 14.04.324C.481.1.

Entidade beneficiaria

Contía

Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro-Cegasal

35.000,00

Asociación de Empresas de Inserción de Galicia-Aeiga

35.000,00

Asociación para la Promoción de Actividades de Integración Sociolaboral en Centros Especiales de Empleo-Aspais

30.000,00