Mediante a Orde do 8 de xullo de 2025 (DOG núm. 130, do 9 de xullo), a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración estableceu as bases reguladoras para o período 2025-2027 e realizou a primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025 e 2026.
No artigo 42.1 desta orde recóllese o financiamento das axudas previstas con cargo ás aplicacións orzamentarias 14.03.323A.460.1, 14.03.323A.471.0 e 14.03.323A.481.0, código de proxecto 2021 00149, cunha contía de 50.000.000 €, distribuída entre as anualidades 2025 (30.000.000 €) e 2026 (20.000.000 €), procedentes de fondos finalistas do Estado.
No mesmo artigo 42 establécese que eses créditos poderán ser obxecto de modificacións nos supostos e nas condicións previstos nos artigos 30 e 31 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
Unha vez instruídos os expedientes de acordo co procedemento establecido no artigo 14 das bases reguladoras, e obtida a relación de accións formativas que van ser subvencionadas, que cumpren cos requisitos establecidos nas citadas bases, cómpre realizar unha redistribución do crédito da anualidade 2026 entre as distintas aplicacións orzamentarias, en función do tipo de entidade que vai impartir a formación (empresas, entidades locais ou entidades sen ánimo de lucro).
De acordo co disposto no artigo 31 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro de 2009), cando a contía total máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará dunha nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.
En virtude do anterior, a persoa titular da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
RESOLVE:
Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas na Orde do 8 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras para o período 2025-2027 e se procede á primeira convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para o financiamento de accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B e C, para persoas traballadoras desempregadas, para os anos 2025 e 2026 (código de procedemento TR301K), redistribuíndo o crédito previsto na dita orde para a anualidade 2026 da seguinte maneira, sen variar o orzamento total:
Anualidade 2026
|
Aplicación orzamentaria |
Código de proxecto |
Orzamento inicial |
Modificacións |
Orzamento final |
|
14.03.323A.460.1 |
2021 00149 |
1.134.000,00 |
-7.551,02 |
1.126.448,98 |
|
14.03.323A.471.0 |
2021 00149 |
14.726.000,00 |
1.139.858,65 |
15.865.858,65 |
|
14.03.323A.481.0 |
2021 00149 |
4.140.000,00 |
-1.132.307,63 |
3.007.692,37 |
|
Total |
20.000.000,00 |
20.000.000,00 |
||
A distribución prevista na orde de convocatoria para a anualidade 2025 non sufriu variación.
Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará a apertura dun prazo para presentar novas solicitudes.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2025
Zeltia Lado Lago
Directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego
