DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54729

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Curtis

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación número 2 do Plan parcial do sector do SUD.6 Curtis-Teixeiro.

Mediante o Acordo plenario adoptado o 25 de setembro de 2025, aprobouse definitivamente a modificación número 2 do Plan parcial do sector do SUD.6 Curtis-Teixeiro, o que se publica para o seu xeral coñecemento e en cumprimento dos artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e nos artigos 199 e 208 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro:

«Primeiro. Aprobar definitivamente a modificación número 2 do Plan parcial do sector urbanizable SUD-6 Curtis-Teixeiro, segundo o documento presentado polo equipo técnico redactor o 28 de agosto de 2025 con número RE 202599900000783.

Segundo. Publicar o acordo desta aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, así como a normativa urbanística aprobada no Boletín Oficial da provincia. Así mesmo, remitiráselle á Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas a documentación exixida polo artigo 88.3 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, para os efectos de inscribir o plan parcial no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento Urbanístico de Galicia.

En todo caso, e de conformidade co exixido polo artigo 199.4 do Regulamento da Lei do solo de Galicia (RLSG), a eficacia do acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor do plan quedan condicionadas ao cumprimento dos anteriores trámites e ao sinalado no artigo 70.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local, en relación co artigo 65.4 da mesma lei.

Consonte o disposto no artigo 212.3 do RLSG, o prazo do artigo 65.4, antes citado, non comezará a contar ata a recepción completa da documentación no Rexistro da Consellería».

De conformidade co disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, contra o presente acordo poderá interporse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo iso sen prexuízo de que se poida interpor calquera outro recurso que se considere máis conveniente a dereito.

Curtis, 29 de setembro de 2025

Javier Francisco Caínzos Vázquez
Alcalde