DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Luns, 20 de outubro de 2025 Páx. 54731

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de execución subsidiaria de xestión da biomasa.

Mediante decretos da Concellaría de Medio Ambiente e Axenda 2030, acórdase ordenar a execución forzosa mediante a execución subsidiaria de limpeza de parcelas, consistente na xestión da biomasa das parcelas referidas no cadro adxunto.

De conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou o medio a que se refire o punto 1º deste artigo, ou ben, tentada a notificación, non se puidese efectuar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado e porase en coñecemento do interesado que o contido íntegro do mencionado decreto está á súa disposición no Departamento de Urbanismo do Concello de Tomiño, de conformidade co disposto no artigo 46 da mencionada Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Unha vez transcorrido o dito prazo, a notificación enténdese producida e o interesado poderá interpor os seguintes recursos: a) Con carácter potestativo, recurso de reposición, ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación. Se transcorre un mes desde o día seguinte ao da interposición do recurso de reposición sen que este fose resolto e notificado, poderá entender que foi desestimado e interpor recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de seis meses. b) Recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, dentro do prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación. Poderá interpor calquera outro que crea conveniente ao seu dereito.

Nº de expediente

Nome/DNI/CIF

Referencia catastral

2174/2024

35499595S

36054A075060260001RO

1104/2024

35500191J

36054A062001540000EE

Tomiño, 30 de setembro de 2025

A alcaldesa
P.D. (Acordo do 21.7.2023)
Ana Belén Casaleiro González
Concelleira de Medio Ambiente e Axenda 2030