DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 2025 Páx. 54830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de outubro de 2025, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica o acordo de aceptación de revisión do esbozo do monte veciñal denominado Pedreira, Amproa, Castro de Senín, Villaverde, Montiño, Freixeiro e Montecelo (ID2954), Monte Castrosenín (ID4558), Monte Cachadeiras (ID2972) e Monte Campo de Cons e Monte das Ceñas (ID2978) da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Mourente, no concello de Pontevedra (expediente RE24006).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra acordou na súa reunión do 23.7.2025 aceptar a revisión do esbozo e a cartografía actualizada dos montes Pedreira, Amproa, Castro de Senín, Villaverde, Montiño, Freixeiro e Montecelo (ID2954), Monte Castrosenín (ID4558), Monte Cachadeiras (ID2972) e Monte Campo de Cons e Monte das Ceñas (ID2978), realizada polo Servizo de Montes de Pontevedra, con base nos seguintes feitos e consideracións técnicas.

Antecedentes e consideracións técnicas:

Primeiro. Con data do 17.6.2024, a CMVMC de Mourente (Pontevedra) solicitou a revisión do esbozo dos MVMC Pedreira, Amproa, Castro de Senín, Villaverde, Montiño, Freixeiro e Montecelo (ID2954), Monte Castrosenín (ID4558), Monte Cachadeiras (ID2972) e Monte Campo de Cons e Monte das Ceñas (ID2978). Por ese motivo, en aplicación da disposición transitoria décimo terceira da Lei de montes de Galicia, o 26.6.2024, o Xurado acordou solicitar ao Servizo de Montes unha proposta coa revisión do esbozo e a elaboración da cartografía actualizada dos montes veciñais citados, o que deu lugar ao expediente RE24006 no Servizo de Montes de Pontevedra.

Segundo. Logo da análise da documentación achegada coa solicitude, o Servizo de Montes emitiu informe o 13.5.2025 en que expón que:

– O obxecto da revisión é actualizar as resolucións de clasificación dos montes deslindados mediante a Orde do 28 de outubro de 2013 pola que se aproba o deslindamento total do monte veciñal en man común da CMVMC de Mourente (Pontevedra) (DOG núm. 215, do 11 de novembro), co obxecto da súa matriculación no Rexistro da Propiedade. As resolucións de clasificación obxecto de deslindamento son as indicadas a seguir:

– Monte Pedreira, Amproa, Castrosenín, Villaverde, Montiño, Freixeiro, Montecelo, clasificado o 11.12.1981 cunha cabida de 27,90 ha.

– Monte Castrosenín, clasificado o 19.10.2000 cunha cabida de 13,71 ha.

– Monte Cachadeiras, clasificado o 20.2.2003 cunha cabida de 0,20 ha.

– Monte Campo de Cons e monte das Ceñas, clasificado o 28.10.2004 cunha cabida de 2,31 ha.

– Non consta contrato de xestión coa Consellería do Medio Rural.

– A CMVMC de Mourente dispón dun documento de ordenación forestal inscrito no Rexistro de Montes Ordenados de Galicia co núm. 360048 e vixente ata 2032.

– A CMVMC de Mourente ten outros montes veciñais clasificados con posterioridade ao deslindamento citado: O Casal, Peimouros, A Poza do Frade, O Canto do Regueiro, Valdapalla, Cons 5, Cons 6, Cons 7 e Cons 8.

– Consta a adquisición posterior ao deslindamento do monte Castro do Millo e outros en virtude do artigo 57 da Lei de montes de Galicia.

– Consta expediente de expropiación da Deputación Provincial de Pontevedra (PO-01-EXP/25) para a construción da rolda leste. Tramo PO-542 (Ponte Bora-O Pino) e PO-532 (Pontevedra-Ponte Caldelas). Acceso a Montecelo e Príncipe Felipe (Pontevedra).

– A planimetría, superficies e lindes dos montes deslindados corresponden cos indicados na resolución de aprobación do deslindamento do ano 2013 (DOG núm. 215, do 11 de novembro). A correspondencia entre os montes das resolucións de clasificación do Xurado Provincial e os montes deslindados é a que se indica a seguir:

– Resolución de clasificación do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra do 11.12.1981:

Monte resolución

Superficie

resolución (ha)

Nome monte

deslindamento

Superficie

deslindamento (ha)

Referencia catastral

Núm. 1 Pedreira

1,00

Peneirada 1

Peneirada 3

1,50

0,10

36900A13800087

36900A13700068

Núm. 2 Amproa

4,00

Amproa

5,82

36900A16800768

Núm. 3 Castrosenín

20,40

Castrosenín (sur)

15,48

36900A13300175*

Núm. 4 Villaverde

0,50

Villaverde 1

Villaverde 2

0,37

0,58

36900A12600317

36900A12500257

Núm. 5 Montiño

0,60

Montiño

0,50

36900A16600290

Núm. 6 Freixeiro

0,60

Freixeiro 1

Freixeiro 2

0,25

0,18

36900A12400147

36900A12300565

Núm. 7 Montecelo

0,80

Montecelo 1

Montecelo 2

Montecelo 3

Montecelo 4

1,42

0,17

0,14

0,03

36900A11800045**

1572104NG3917S

1571906NG3917S

1669201NG3916N

*Parte sur da referencia catastral (superficie total 29,26 ha).

**A superficie deslindada da parcela Montecelo 1 é de 1,63 ha. No ano 2015, a Deputación Provincial de Pontevedra expropia 0,21 ha (PO-01-EXP/25). Na actualidade, a parcela Montecelo 1 ten unha superficie de 1,42 ha.

– Resolución de clasificación do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra do 19.10.2000:

Monte resolución

Superficie

resolución (ha)

Nome monte

deslindamento

Superficie

deslindamento (ha)

Referencia catastral

Castrosenín

17,7080

Castrosenín (norte)

13,78

36900A13300175*

* Parte norte da referencia catastral (superficie total 29,26 ha).

– Resolución de clasificación do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra do 20.2.2003:

Monte resolución

Superficie

resolución (ha)

Nome monte

deslindamento

Superficie

deslindamento (ha)

Referencia catastral

Cachadeiras

0,20

Cachadeiras 1

Cachadeiras 2

0,04

0,08

36900A13800143

36900A13900223

– Resolución de clasificación do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra do 28.10.2004:

Monte resolución

Superficie

resolución (ha)

Nome monte

deslindamento

Superficie

deslindamento (ha)

Referencia catastral

Cons 1

0,21

Campo de Cons 1

0,18

2299006NG3929N

Cons 2

0,35

Campo de Cons 2

0,32

36900A16000573

Cons 3

0,89

Campo de Cons 3

0,84

36900A16600402

Cons 4

0,34

Campo de Cons 4

0,35

2398001NG3929N

Ceñas

0,52

As Ceñas

0,60

36900A16800275

Terceiro. O Servizo de Montes propón a revisión do esbozo total consonte a Orde do 28 de outubro de 2013 pola que se aproba o deslindamento total do monte veciñal en man común da CMVMC de Mourente (DOG núm. 215, do 11 de novembro), e coa correspondencia establecida no punto segundo deste acordo.

Cuarto. O procedemento de revisión de esbozos de MVMC vén regulado na disposición transitoria décimo terceira da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

A vista do exposto, este xurado

ACORDA:

– Aceptar a revisión do esbozo total dos montes que se indican no punto segundo deste acordo, segundo a proposta e planimetría elaborada polo Servizo de Montes.

Tal e como exixe o parágrafo 3 da disposición transitoria décimo terceira da LMG, a presente aceptación da revisión de esbozo será posta en coñecemento da comunidade de montes propietaria e publicada no DOG para coñecemento do resto de posibles persoas interesadas.

Pontevedra, 3 de outubro de 2025

Antonio Crespo Iglesias
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra