DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Martes, 21 de outubro de 2025 Páx. 54765

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de outubro de 2025 pola que se dá publicidade á resolución de concesión dos obradoiros multidisciplinares de dixitalización, innovación, sustentabilidade e loxística avanzada para o ano 2025 (código de procedemento IG300H).

Mediante a Resolución do 16 de decembro de 2024 (DOG núm. 7, do 13 de xaneiro de 2025), publicáronse as bases reguladoras dos obradoiros multidisciplinares de dixitalización, innovación, sustentabilidade e loxística avanzada para o ano 2025, e procedeuse á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG300H).

As ditas bases establecen no seu artigo 12.3 que o anuncio da publicación do texto completo da resolución definitiva na web do Igape será publicado no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva, do 6 de outubro de 2025, de concesión dos obradoiros multidisciplinares de dixitalización, innovación, sustentabilidade e loxística avanzada, no enderezo https://spiga-sede.igape.es/publicaciones

O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de dez (10) días naturais para que as persoas interesadas accedan á oficina virtual do Igape, no enderezo https://spiga-sede.igape.es/publicaciones, utilizando o seu NIF, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, entenderase rexeitada.

Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao do acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso dez (10) días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpoñerse un recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso dez (10) días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2025

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica