Na sesión que tivo lugar o día 14 de outubro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 30 de abril de 2025 (DOG núm. 85, do 6 de maio), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectores e inspectoras de consumo, subgrupo A2, convocado pola Resolución do 25 de xaneiro de 2024 (DOG núm. 21, do 30 de xaneiro),
ACORDOU:
Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria e de acordo cos criterios de corrección, valoración e superación publicados, superaron o segundo exercicio do proceso selectivo as persoas aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de quince (15) puntos.
Acadaron a puntuación mínima de quince (15) puntos un total de dous (2) aspirantes.
Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, publicar no portal web corporativo da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal os resultados obtidos polas persoas aspirantes con relación ao segundo exercicio deste proceso.
Así mesmo e segundo a dita base, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia.
Terceiro. De conformidade coa base II.1.1.3, respecto ao terceiro exercicio, estarán exentas da súa realización as persoas aspirantes que acrediten, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia, a posesión do Celga 4 ou o título equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).
Non terá que presentar a documentación xustificativa de exención quen xa teña acreditada a posesión do Celga requirido e así conste na listaxe de persoas aspirantes publicada xunto con esta resolución, pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2025
Laura Suárez Fernández
Presidenta do tribunal
