DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 208 Martes, 28 de outubro de 2025 Páx. 55822

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 2025, da Xerencia da Área Sanitaria da Coruña e Cee, pola que se anuncia a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria da Coruña e Cee da Asociación Fibro Visibles e da Asociación para la Incontinencia Anal y Urinaria.

De conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Orde do 16 de outubro de 2018 pola que se regula a composición e o réxime xurídico de funcionamento dos consellos asesores de pacientes de área, anúnciase a incorporación ao Consello Asesor de Pacientes da Área Sanitaria da Coruña e Cee da Asociación Fibro Visibles e da Asociación para la Incontinencia Anal y Urinaria (Asia).

A Coruña, 20 de outubro de 2025

Luis Verde Remeseiro
Xerente da Área Sanitaria da Coruña e Cee