Visto o expediente instruído para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo de xestión e de tramitación procesual e administrativa, convocados pola Resolución do 4 de setembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, de conformidade co establecido nos artigos 524, número 1, e no 526, número 2, da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial; no artigo 56 e seguintes do Real decreto 1451/2005, do 7 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza, e na Resolución do 29 de agosto de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se aproba a relación de postos de traballo da Secretaría de Goberno e das oficinas de xustiza,
Esta dirección xeral
ACORDA:
Primeiro. Adxudicar os postos de traballo ao persoal funcionario que se indica no anexo e declarar desertos os restantes postos ofertados.
Segundo. A toma de posesión dos postos producirase no momento da entrada en funcionamento da nova oficina o 31 de decembro de 2025.
Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2025
José Tronchoni Albert
Director xeral de Xustiza
ANEXO
Centro de destino: Secretaría de Goberno.
|
Código do posto |
Denominación |
CXP |
CE |
Corpo |
Adxudicatario/a |
|
XG92589000150306001.11 |
Xestión-Xefatura SG I |
4.219,80 |
11.725,44 |
CXPA |
Santos Álvarez, Nicolás |
|
XG92589000150306002.11 |
Xestión-Xefatura SG I |
4.219,80 |
11.725,44 |
CXPA |
Molina Patallo, Miguel Ángel |
|
XG92589000150306003.11 |
Xestión-Xefatura SG I |
4.219,80 |
11.725,44 |
CXPA |
Loureda García, Paula |
|
XG92589000150307008.13 |
Tramitación-Xefatura SG na Coruña |
3.587,52 |
11.318,40 |
CTPA |
Blanco Prieto, Palmira |
|
XG92589000150307009.13 |
Tramitación-Xefatura SG na Coruña |
3.587,52 |
11.318,40 |
CTPA |
Rúa Calvo, María Luisa |
|
XG92589000150307010.13 |
Tramitación-Xefatura SG en Lugo |
3.587,52 |
11.318,40 |
CTPA |
Neira López, María Montserrat |
|
XG92589000150307011.13 |
Tramitación-Xefatura SG en Lugo |
3.587,52 |
11.318,40 |
CTPA |
Rodríguez Álvarez, Sara |
|
XG92589000150307012.13 |
Tramitación-Xefatura SG en Ourense |
3.587,52 |
11.318,40 |
CTPA |
Gayoso Pazos, María Belén |
|
XG92589000150307013.13 |
Tramitación-Xefatura SG en Ourense |
3.587,52 |
11.318,40 |
CTPA |
Gómez Otero, María Esther |
|
XG92589000150307015.13 |
Tramitación-Xefatura SG en Pontevedra |
3.587,52 |
11.318,40 |
CTPA |
Lemos Pérez, Laura |
