O 5 de agosto de 2025 publicouse a Orde do 24 de xullo de 2025 pola que establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2022, e se convocan para o ano 2025 (código de procedemento MR351A) (DOG número 148, do 5 de agosto).
De conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos vinculados á fase de instrucción publicaranse no Diario Oficial de Galicia. A devandita publicación producirá os efectos da notificación e a súa data será a única válida para o cómputo dos prazos.
A Comisión avaliou as solicitudes e elaborou unha relación de solicitudes coa puntuación que lle corresponde a cada unha, nos termos previstos no artigo 26 das bases.
A Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias ditou a proposta de resolución con base no procedemento a partir da relación de solicitudes puntuadas e elevouna á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, a cal resolverá a concesión das subvencións por delegación da persoa titular da consellería.
Por outra banda, de conformidade co establecido no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario a que se imputen, o beneficiario, a cantidade concedida e a finalidade ou finalidades da subvención.
Por todo o indicado,
RESOLVO:
Primeiro. Conceder as subvencións para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo en Galicia, financiadas co instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2022, e convócanse para o ano 2025 (código de procedemento MR351A), aos solicitantes que se relacionan no anexo I, como consecuencia da aplicación dos criterios de valoración establecidos no artigo 26 da convocatoria.
As contías concedidas reflíctense no anexo e financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria: 15.04.712B.772.0, código de proxecto 2021 00157.
Esta axuda ten por finalidade:
Promover a utilización de maquinaria e equipamentos de carácter agropecuario en réxime asociativo.
Fomentar a introdución de novas tecnoloxías no emprego de maquinaria e equipamentos.
Racionalizar os custos de mecanización, incrementar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e fomentar o aforro enerxético, na procura dunha mellora da calidade de vida no medio rural.
Segundo. Denegar as solicitudes de subvención que se relacionan no anexo II por non acadar a puntuación mínima de 5 puntos necesaria para a concesión da subvención (tal e como se establece no artigo 26.2 da orde), por non cumpriren os requisitos exixidos (como se establece no artigo 4) ou como resultado da aplicación do réxime de concorrencia competitiva establecido no artigo 26.2 da orde que sinala o punto de corte en 5 puntos. No caso de empate en puntos, priorizaranse as situacións indicadas no artigo 26.3 da orde de convocatoria. Se aínda persiste o empate, priorizarase segundo a orde indicada nos criterios de selección.
Terceiro. Informar os beneficiarios que figuran no anexo I desta resolución do seguinte:
a) As condicións de aplicación a estas axudas son con carácter xeral as establecidas na Orde do 24 de xullo de 2025 que regula estas axudas e, supletoriamente, as establecidas na normativa autonómica, estatal e comunitaria aplicable.
b) Para a concesión desta axuda e o establecemento das súas características tívose en conta a información e a documentación incluída coa solicitude de axuda. Toda alteración das condicións iniciais para a concesión das axudas previstas na orde de convocatoria e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.
c) O prazo de xustificación e solicitude de pagamento destas axudas finaliza o 15 de novembro de 2025, incluído.
d) O período durante o que deben destinar os bens ao fin concreto é de 5 anos desde o pagamento da axuda.
e) Para efectuar o pagamento da subvención, o/a beneficiario/a deberá cumprir as condicións establecidas na Orde do 24 de xullo de 2025 e presentar a documentación indicada no seu artigo 29, todo iso sen superar as datas máximas de xustificación indicadas anteriormente.
f) Se o/a beneficiario/a da axuda cumpre as condicións e os requisitos establecidos na resolución de concesión, aboaráselle a totalidade da subvención concedida. De non ser así, procederase conforme o establecido no artigo 17 da Orde do 24 de xullo de 2025, relativo aos incumprimentos.
g) As obrigas de facilitar información das empresas e das persoas traballadoras autónomas beneficiarias están relacionadas no artigo 18 da orde.
h) Conforme o disposto no artigo 5 da orde, o/a beneficiario/a da axuda deberá manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría suficiente sobre os gastos financiados con este tipo de fondos de recuperación.
i) Estas axudas proceden do fondo/programa operativo: instrumento de recuperación da Unión Europea (EURI) no marco do PDR 2014_2022 do seguinte xeito:
Plan: Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2022.
Encaixe estructural no plan:
Eixe: submedida 4.18 Apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas.
Prioridade/prioridade de investimento.
Esta submedida contribúe directamente ás áreas focais:
• 2A (mellorar os resultados económicos de todas as explotacións e facilitar a súa restructuración e modernización, en particular, con obxecto de incrementar a súa participación e orientación cara ao mercado, así como a diversificación agrícola);
• e 5D (reducir as emisións de gases de efecto invernadoiro e de amoníaco procedentes da agricultura).
j) O/a beneficiario/a deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader establecida no artigo 19 da orde de convocatoria e no anexo III do Regulamento de execución (UE) 808/2014.
Cuarto. Os solicitantes relacionados no anexo I e II disporán de información máis detallada da axuda aprobada ou denegada na súa Carpeta cidadá.
Quinto. Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante a conselleira do Medio Rural, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación, consonte o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro dereito que consideren pertinente.
Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2025
A conselleira do Medio Rural
P.D. (Orde do 17.11.2015; DOG núm. 223, do 23 de novembro)
Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
ANEXO I
Aprobacións
|
Orde |
Expediente |
Nome |
NIF |
Puntuación criterios de prioridade |
Subvención concedida |
|
Importe |
|||||
|
1 |
152025000006 |
Coop. Lácteas Unidas, S. Coop. Galega |
F70509096 |
11 |
240.000,00 € |
|
2 |
152025000028 |
Cusoviame, S. Coop. Galega |
F15025810 |
11 |
240.000,00 € |
|
3 |
152025000002 |
Ntra. Sra. del Perpetuo Socorro, S. Coop. Galega |
F15014236 |
11 |
126.466,00 € |
|
4 |
362025000008 |
Coop. O Rodo |
F36100782 |
11 |
240.000,00 € |
|
5 |
272025000004 |
Aira, S. Coop. Galega |
F27317593 |
11 |
300.000,00 € |
|
6 |
362025000010 |
Cobideza, S. Coop. Galega |
F36211019 |
11 |
219.600,00 € |
|
7 |
362025000009 |
Campodeza, S. Coop. Galega |
F36047058 |
11 |
78.162,00 € |
|
8 |
152025000036 |
Aranxes, S. Coop. Galega |
F15799273 |
11 |
126.358,14 € |
|
9 |
362025000001 |
Sociedade Cooperativa Gandeiros do Deza |
F36393775 |
10 |
96.400,00 € |
|
10 |
152025000021 |
Granxamor Integración, S. Coop. Galega |
F70591490 |
9 |
38.400,00 € |
|
11 |
272025000002 |
Leira, S. Coop. Galega |
F27339043 |
9 |
106.160,00 € |
|
12 |
152025000039 |
Cuma de Xallas e Barcala, S. Coop. Galega |
F15844194 |
9 |
240.000,00 € |
|
13 |
272025000001 |
Coparma, S. Coop. Galega |
F27261379 |
9 |
136.860,00 € |
|
14 |
362025000007 |
Maquideza, S. Coop. Galega |
F36398923 |
9 |
55.420,00 € |
|
15 |
362025000011 |
Gandeiros de Lalín, S. Coop. Galega |
F94021250 |
9 |
214.306,00 € |
|
16 |
152025000043 |
Agraria Comarcal de Ordes, S. Coop. Galega |
F70305818 |
8 |
18.160,00 € |
|
17 |
152025000005 |
Río Mera, S. Coop. Galega |
F15949001 |
8 |
9.000,00 € |
|
18 |
152025000017 |
Cuma Xamazas, S. Coop. Galega |
F70320684 |
8 |
24.400,00 € |
|
19 |
152025000004 |
Brandelos, S. Coop. Galega |
F15882731 |
8 |
18.400,00 € |
|
20 |
152025000007 |
Pazo Fontán, S. Coop. Galega |
F21925102 |
7 |
48.044,00 € |
|
21 |
152025000003 |
Visaoa, S. Coop. Galega |
F75699009 |
7 |
240.000,00 € |
|
22 |
152025000010 |
Foucellas, S. Coop. Galega |
F15847676 |
7 |
90.000,00 € |
|
23 |
362025000006 |
Pena de Francia, S. Coop. Galega |
F94004140 |
7 |
126.400,00 € |
|
24 |
362025000002 |
Sixto, S. Coop. Galega |
F36421659 |
7 |
112.400,00 € |
|
25 |
152025000038 |
Coop. Agraria Prov. de La Coruña, S. Coop. Galega |
F15000177 |
6 |
112.000,00 € |
|
26 |
362025000005 |
Lalinenses, S. Coop. Galega |
F70873112 |
6 |
112.400,00 € |
|
27 |
152025000034 |
Nós Agricultores, S. Coop. Galega |
F72537541 |
6 |
231.752,39 € |
ANEXO II
Denegacións
|
Orde |
Código de expediente |
Beneficiaria |
NIF |
Motivo de denegación: non cumprimento |
|
1 |
2720250000003 |
Arias Jul, S. Coop. Galega |
F27381904 |
Concorrencia competitiva. A puntuación mínima para ser subvencionable é de 6 puntos. Fíxase o desempate no criterio 2. |
|
2 |
1520250000008 |
Parceiros, S. Coop. Galega |
F55396857 |
Concorrencia competitiva. A puntuación mínima para ser subvencionable é de 6 puntos. Fíxase o desempate no criterio 2. |
|
3 |
152025000016 |
Granxa A Costa, S. Coop. Galega |
F70039854 |
Incumpre o artigo 3, o solicitante non é cooperativa de explotación comunitaria da terra de cinco ou menos anos de antigüidade. |
|
4 |
152025000030 |
SAT nº 1028 Xuga A Campa |
V15698889 |
Incumpre o artigo 3, o solicitante non é SAT de fusión. |
|
5 |
152025000009 |
Ganadería do Campo SAT nº 975 Xuga |
V15656382 |
Incumpre o artigo 3, o solicitante non é SAT de fusión. |
