Advertido un erro no referido decreto, publicado no Diario Oficial de Galicia número 209, do mércores 29 de outubro de 2025, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 56135, na parte expositiva, onde di:
«No capítulo II establécense os requisitos e criterios de igualdade para a obtención e renovación da certificación polas empresas e entidades do terceiro sector. Establece como requisitos, entre outros, que as solicitantes conten cun mínimo de seis (6) persoas traballadoras en Galicia, cun plan de igualdade negociado e inscrito no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo, ter implantadas, como mínimo, o 25 por cento das medidas programadas no plan, así como acreditar unha presenza mínima do 40 por cento de mulleres no Consello de Administración».
Debe dicir:
«No capítulo II establécense os requisitos e criterios de igualdade para a obtención e renovación da certificación polas empresas e entidades do terceiro sector. Establece como requisitos, entre outros, que as solicitantes conten cun mínimo de seis (6) persoas traballadoras en Galicia, cun plan de igualdade negociado e inscrito no Rexistro de convenios e acordos colectivos de traballo, ter implantadas, como mínimo, o 25 por cento das medidas programadas no plan, así como acreditar unha composición equilibrada de mulleres e homes no Consello de Administración».
