DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56744

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 14 de outubro de 2025 polo que se notifica a resolución ditada no procedemento de reposición derivado do expediente sancionador DH.D36.80072.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa titular do NIF 35239488S a Resolución do 3 de abril de 2025 ditada no procedemento de reposición derivado do expediente sancionador DH.D36.80072.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, o interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, para o coñecemento íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Así mesmo, indícase que contra esta resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que os recorrentes teñen o seu domicilio ou no de Santiago de Compostela, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, consonte o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Santiago de Compostela, 14 de outubro de 2025

Roi Fernández Añón
Director de Augas de Galicia