DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Escola Galega de Administración Pública

ANUNCIO do 22 de outubro de 2025 polo que se fai pública a resolución pola que se declara deserta a bolsa de formación práctica en estudos relacionados co dereito administrativo.

A Escola Galega de Administración Pública (en diante EGAP), mediante a Resolución da súa directora do 30.12.2024, convocou unha bolsa de formación práctica en
estudos relacionados co dereito administrativo (DOG núm. 17, do 27.1.2025).

De acordo coa base décimo primeira, a Comisión de Avaliación, tras baremar os expedientes administrativos e realizar a fase de entrevista, publicou na páxina web da EGAP, o 15.9.2025, a lista definitiva de posibles persoas beneficiarias da bolsa, ordenada de maior a menor, segundo a súa puntuación.

O 20.9.2025 tivo entrada no rexistro desta escola a renuncia da persoa que acadara maior puntuación e, dado que é preciso obter un mínimo de 5 puntos na fase de entrevista para poder ser suplente e ningunha das restantes persoas solicitantes se presentou á entrevista, non existe unha lista de suplentes.

De acordo co establecido na base décimo cuarta, punto 2, da convocatoria, no caso de que non se presenten solicitudes, ou que as rexistradas non acaden a puntuación mínima exixida na fase de valoración dos méritos ou na fase da entrevista, a convocatoria será declarada deserta.

De acordo co exposto e coa obriga de publicidade recollida na dita base décimo cuarta, faise pública a Resolución da dirección da Escola Galega de Administración Pública, do 21 de outubro de 2025, pola que se declara deserta a bolsa de formación práctica en estudos relacionados co dereito administrativo.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante a dirección da Escola Galega de Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación, nos termos dos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Así mesmo, cabe a interposición directa dun recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo que resulten competentes, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da dita notificación ou publicación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2025

A directora xeral da Escola Galega de Administración Pública
P.D. (Resolución do 17.12.2007; DOG núm. 2, do 3.1.2008)
Sandra Docampo Ramos
Secretaria xeral da Escola Galega de Administración Pública