En cumprimento do previsto no artigo 109 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de concesión de augas:
Solicitante: Alberto Monteagudo Buceta.
Expediente: DH.A36.89610.
Volume total anual: 276,35 m3/ano.
Caudal máximo instantáneo: 0,05 l/s.
Destino: abastecemento e rega.
Orixe: manancial na parcela 6, polígono 16, do Catastro de Caldas de Reis.
Lugar: Requeixada.
Parroquia: Santo André de Cesar.
Concello: Caldas de Reis.
Descrición:
A auga cáptase nunha arqueta de aros de formigón desde a que se bombea para a rega da propia parcela 6, pol. 16, e abastecemento á vivenda e rega da parcela 186, pol. 44.
O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal), e nas oficinas deste servizo territorial, situadas na rúa San Salvador, 2, 4º, 36240 Vigo (Pontevedra).
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Vigo, 29 de setembro de 2025
Susana Pérez González
Xefa do Servizo Territorial da Zona
Hidrográfica de Galicia Sur
