DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 31 de outubro de 2025 Páx. 56740

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 25 de setembro de 2025, da Área de Verteduras, polo que se somete a información pública unha solicitude de autorización de vertedura no concello de Vilasantar (expediente DH.V15.111757).

En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:

Solicitante: Veolia Biomasa España, S.L.U.

NIF: B06591440.

Expediente: DH.V15.111757.

Lugar: Foro.

Parroquia: Présaras.

Concello: Vilasantar.

Tipo de vertedura: augas residuais industriais de escorrega depuradas.

Caudal máximo anual: 1.835 m³/ano.

Punto de vertedura: X=572.848; Y=4.766.095.

Medio receptor: río Tambre.

Tratamento/evacuación:

As augas residuais industriais de escorrega xeradas nas instalacións son tratadas nun desareador antes da súa vertedura á cuneta da estrada AC-840 e, finalmente, incorpóranse ao río Tambre.

O proxecto pode consultarse na sección de participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.

Os interesados poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2025

Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras