En cumprimento do previsto no artigo 248 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se está a tramitar a seguinte solicitude de autorización de vertedura:
Solicitante: Hormigones y Áridos La Barca, S.A.
NIF: A15052376.
Expediente: DH.V36.110726.
Lugar: Lantañón.
Parroquia: Paradela.
Concello: Meis.
– Tipo de vertedura 1: augas residuais industriais de escorrega depuradas.
Caudal máximo anual 1: 186.029,84 m3/ano.
Punto de vertedura 1: x= 524.220; y= 4.712.254.
Medio receptor 1: río Umia.
Tratamento/evacuación 1: as augas residuais industriais de escorrega acumuladas no oco formado na fronte de canteira vértense por bombeo, alcanzando a rede de escorregas existente na zona, que acaba incorporándose ao río Umia.
– Tipo de vertedura 2: augas residuais industriais de escorrega depuradas.
Caudal máximo anual 2: 1.800 m3/ano.
Punto de vertedura 2: x= 524.220; y= 4.712.254.
Medio receptor 2: río Umia.
Tratamento/evacuación 2: as augas residuais industriais de escorrega procedentes da balsa núm. 2 vértense por escorrega natural, alcanzando a rede de escorregas existente na zona, que acaba incorporándose ao río Umia.
– Tipo de vertedura 3: augas residuais industriais de escorrega depuradas.
Caudal máximo anual 3: 115 m3/ano.
Punto de vertedura 3: x= 524.803; y= 4.711.321.
Medio receptor 3: rego innominado (cunca do río Umia).
Tratamento/evacuación 3: as augas residuais industriais de escorrega procedentes da balsa núm. 10 vértense á cuneta da vía de acceso ás instalacións, pola que discorren ata incorporase a un afluente innominado do río Umia.
– Tipo de vertedura 4: augas residuais fecais depuradas.
Caudal máximo anual 4: 184,8 m3/ano.
Punto de vertedura 4: x= 524.935; y= 4.711.443.
Medio receptor 4: infiltración no terreo (cunca do río Umia).
Tratamento/evacuación 4: as augas residuais fecais xeradas nas instalacións son tratadas nunha fosa séptica de decantación-dixestión deseñada para 20 habitantes equivalentes, antes da súa vertedura por infiltración no terreo mediante pozo filtrante.
O proxecto pode consultarse na sección participación pública do portal da internet de Augas de Galicia (https://augasdegalicia.xunta.gal) e nas oficinas de Augas de Galicia situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, Santiago de Compostela. Para isto, se o desexa, poderá concertar cita previa no correo electrónico tramitaciondph.augas@xunta.gal ou nos teléfonos 981 54 41 41 e 981 54 50 87.
As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2025
Leticia Valladares López
Xefa da Área de Verteduras
