Expediente: IN407A 2023/281-1.
Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Proxecto: Substitución de CT Carballal 15CU83 para a instalación de telecontrol (Valdoviño).
Concello: Valdoviño.
Feitos:
1. O día 2.6.2023, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica mencionada co obxecto de dotar de telecontrol a un CT.
Ao abeiro dos artigos 123 e 143 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto que inclúe memoria, planos e orzamento e que comprende os seguintes documentos:
1º. Proxecto de execución denominado Substitución de CT Carballal 15CU83 para unha instalación de telecontrol (Valdoviño), asinado por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo, o 14.4.2023.
2º. Contestación por requirimento, asinado por Victoriano González Lemos, enxeñeiro técnico industrial eléctrico, número de colexiado 2.980 de Vigo, o 31.7.2025.
3º. Relación de bens e dereitos afectados de necesaria ocupación para a construción da instalación proxectada.
2. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante un acordo publicado nos seguintes medios:
• Portal de transparencia e Goberno aberto da Consellería de Economía e Industria.
• DOG: 12.9.2023.
• BOP: 25.8.2023.
• Xornal La Voz de Galicia: 8.9.2023 (Ed. Ferrol).
• Taboleiro de anuncios do Concello: segundo o certificado municipal do 12.3.2024.
3. Durante o período en que o proxecto se someteu ao trámite de información pública non se presentou ningunha alegación, reclamación nin suxestión relacionada coa documentación obxecto de publicación.
4. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitouse o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Concello de Valdoviño e Axencia Galega de Infraestruturas. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.
5. O día 7.10.2025 emitiuse o informe técnico.
Consideracións legais e técnicas:
1. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).
• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).
• Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
3. Características técnicas:
As instalacións obxecto deste expediente están situadas na rúa Gándara de Arriba, lugar de Carballal no concello de Valdoviño e as súas características técnicas son as seguintes:
• Modificación do treito soterrado da LMT CDR-803 denominado derivada ao CT Carballal, autorizado no expediente IN407A 1999/86-1, consistente na instalación dunha nova arqueta diante do CT Carballal (expedientes 5.246 e IN407A 2016/1565-1/matrícula 15CU83) e a desconexión e a desmontaxe do treito de liña comprendido entre a arqueta proxectada e a cela de liña convencional do CT Carballal.
• Desconexión e desmontaxe do CT tipo caseta alta Carballal existente, de 400 kVA de potencia e relación de transformación 20/0,4-0,23 kV, así como de todos os seus aparellos de media e baixa tensión.
• Montaxe, na pegada que deixará o dito CT Carballal, unha vez desmantelado, dun novo apoio metálico tipo FL-C-2000/12-H35-CA(CS) no que se proxecta a instalación dun paso aéreo soterrado (PAS/) dotado de xogo de pararraios autoválvulas. Esta operación implicará, coa finalidade de darlle continuidade á LMT CDR-803, o retensado do condutor tipo LA-56 (condutor existente) no treito aéreo de 29 metros de lonxitude comprendido entre o novo apoio metálico proxectado e o apoio nº 90 existente (matrícula ASJXAXT3) de formigón tipo FL-HV-1600/12-T1-CAII.
• En substitución do CT Carballal, proxéctase a instalación dun centro de transformación prefabricado de formigón, compacto de manobra exterior, de 400 kVA de potencia, relación de transformación 20/0,4-0,23 kV e configuración de celas 2L+1P, telecontrolado e dotado de equipamento de telexestión e cadro de baixa tensión (CBT) con catro (4) saídas, que se situará na parcela con referencia catastral 9695102NJ6299N0001KJ, no lugar do Carballal, e disporá de acceso directo á rúa Gándara de Arriba.
• Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 20 kV, de 50 metros de lonxitude en condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), con orixe no paso aéreo-soterrado (PA/S), que se instalará no novo apoio metálico proxectado e remate en empalmes feitos na nova arqueta proxectada diante do CT Carballal por desmantelar sobre a LMTS autorizada no expediente IN407A 1999/86-1, tras entrar e saír no novo CT proxectado.
4. Do visto na visita realizada o 3.10.2025 non se atopa ningunha limitación das indicadas no artigo 161.1 do Real decreto 1955/2000, para impor servidumes de paso.
5. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.
Consonte con todo o sinalado,
RESOLVO:
A) Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da dita instalación de distribución eléctrica.
A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
B) As instalacións deberán obter a autorización de explotación antes do 1 de xaneiro de 2026, segundo o indicado no artigo 13.9.a) do Regulamento (UE) 2024/573 do Parlamento Europeo e do Consello, do 7 de febreiro de 2024, agás se xustifique algunha das excepcións indicadas no antedito artigo 13.
C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá achegar ante este departamento territorial unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:
• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.
• Un certificado do/da director/a da montaxe no que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.
• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.
D) Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.
O incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia á persoa interesada, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.
Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da dita Lei 39/2015, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren axeitado.
Mediante este documento notifícaselles ás persoas interesadas esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015.
A Coruña, 13 de outubro de 2025
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
|
Nº parcela |
Lugar |
Referencia catastral |
Cultivo |
Propietaria |
Afección de solo en pleno dominio |
|
|
CT/nº de apoio |
m2 |
|||||
|
1 |
Avenida San Sadurniño |
9695102NJ6299N0001KJ |
Urbano. Solo sen edificar |
Fidelina López Romeo |
CT e beirarrúa perimetral |
24,6 |
