DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 213 Martes, 4 de novembro de 2025 Páx. 57113

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2025, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, pola que se fan públicos os datos dunha nova persoa aspirante que superou o proceso selectivo do corpo facultativo superior, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Na sesión que tivo lugar o día 29 de outubro de 2025, o tribunal nomeado pola Resolución do 16 de abril de 2024 (DOG núm. 78, do 19 de abril), modificada pola Resolución do 21 de maio de 2024 (DOG núm. 102, do 28 de maio), para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro), modificada pola Resolución do 20 de xaneiro de 2023 (DOG núm. 15, do 23 de xaneiro) e Resolución do 6 de febreiro de 2023 (DOG núm. 26, do 7 de febreiro) (corrección de erros DOG núm. 64, do 31 de marzo),

ACORDOU:

Primeiro. Mediante a Resolución do 21 de outubro de 2024, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de estabilización derivado da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e no corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1 (DOG núm. 206, do 24 de outubro), faise pública, entre outras, a relación das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o acceso ao corpo facultativo superior, escala de ciencias, especialidade de bioloxía.

Esta resolución foi modificada pola Resolución do 10 de decembro de 2024 (DOG núm. 241, do 16 de decembro).

Por Resolución do 15 de outubro de 2025, da Consellería de Facenda e Administración Pública (DOG. núm. 202, do 20 de outubro), procédese ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de ciencias, especialidade de bioloxía, das persoas aspirantes que superaron os procesos selectivos convocados polas resolucións do 22 de decembro de 2022 (DOG núm. 244, do 26 de decembro, e DOG núm. 245, do 27 de decembro), así como a adxudicarlles destino definitivo.

Nesta mesma resolución acredítase a renuncia ao seu nomeamento por parte do aspirante co número de orde 13, Rafael Bañón Díaz (***4537**).

A base III.4 da convocatoria sinala: «A orde de prelación das persoas aspirantes virá dada pola suma da puntuación na fase de concurso. Non poderá superar o proceso selectivo un número superior de persoas ao de prazas convocadas. Para poder superar o proceso selectivo, será necesario acadar unha puntuación mínima de trinta (30) puntos.

Non obstante, para asegurar a cobertura das vacantes, de se produciren renuncias das persoas seleccionadas antes do seu nomeamento ou toma de posesión, o órgano convocante poderá requirir unha relación complementaria das persoas que sigan por puntuación as propostas».

En atención ao anteriormente sinalado, o 24 de outubro de 2025, a Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, requírelle a este tribunal unha relación complementaria da persoa que siga por puntuación ás xa propostas.

Por todo isto, este tribunal acorda modificar a relación de aspirantes que superan o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de concurso no corpo facultativo superior (subgrupo A1), escala de ciencias, especialidade de bioloxía, e facer pública como anexo a esta resolución a relación complementaria de aspirantes que superaron o proceso selectivo coas puntuacións obtidas no concurso e con indicación do seu documento nacional de identidade (coas limitacións previstas na normativa en materia de protección de datos de carácter persoal).

Segundo. De conformidade co disposto na base V.2 da convocatoria e de acordo co informe do 9 de outubro de 2024, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, sobre a aplicación aos procesos selectivos de estabilización da Lei 20/2021, da tramitación de urxencia, conforme o artigo 33.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e a disposición adicional sétima da Lei 5/2022, do 21 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público da Comunidade Autónoma de Galicia, a persoa aspirante que se relaciona no anexo disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para presentar os documentos previstos na dita base, no caso de que non fosen presentados ou validados previamente.

Terceiro. Elevar a dita modificación da relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo á persoa titular da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal para que a persoa afectada sexa proposta para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Cuarto. Contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da consellería competente en materia de función pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2025

Ana Belén Díaz Fernández
Presidenta do tribunal

ANEXO

Convocatoria: A1 (concurso).

Corpo/categoría: corpo facultativo superior, escala de ciencias, especialidade bioloxía (2068).

Nº de orde

DNI/NIE

Apelidos e nome

Quenda

Puntuación

19

***3170**

Sotelo Acuña, Marco

Libre

81.2